Montse Pena Presas

Doutora e licenciada en Filoloxía Galega pola USC, onde imparte aulas na área de Didáctica da Lingua e da Literatura.

Como investigadora está especializada en literatura infantil e xuvenil, educación literaria e estudos de xénero.

Autora de diferentes materiais didácticos, ensaios divulgativos e investigacións sobre Roberto Vidal Bolaño, Carlos Casares, Agustín Fernández Paz, Xohana Torres ou María Victoria Moreno, exerce tamén a crítica literaria en medios de comunicación entre eles na Radio Galega.

A súa tese de doutoramento foi publicada en parte no libro Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia.

0 Shares

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share