Podcast do Diario Cultural das 10:30

Cinema para todas con subtitulados e autodescricións. Comeza a cuarta edición do Festival Internacional Inclusivo de Vigo que dirixe Gonzalo Suárez e que inaugura o filme ‘A nosotros tu reino’ un documental que retrata a vida logo dunha lesión medular do campión de kickboxing galego Simón González.

Armando Requeixo proponnos alternar a lectura de relato e novela. O libro de contos ao que nos convida titúlase Os jeans de María e é obra de Lois Alcayde Dans. A narración longa que nos presenta é Veleno en familia e asínaa Rocío Leira.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share