30 anos da Orquestra Sinfónica de Galicia

A temporada musical que está rematando foi a número 30 para a Orquestra Sinfónica de Galicia. O conxunto coruñés deu o seu primeiro concerto un 15 de maio de 1992. Por moitas razóns, este 2022 foi un ano emotivo, marcado polo regreso ao Pazo da Opera, despois da pandemia, e por momentos coma no que o director de orixe rusa, Dima Slovodeniuk, dirixía á orquestra en Cuenca tocando o Himno ucraíno.

Para Dima foi tamén un ano especial, o seu último á fronte da Sinfónica, na que leva desde 2013, así que imaxinamos que este fin de curso chega cheo de emocións para a gran familia de músicos que conforman o universo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Mañá despiden temporada cunha xornada de portas abertas na súa casa, no Pazo da Ópera da Coruña, desde as sete e media da tarde. Con moita música, claro, na que participarán todas as formacións, desde o Coro e a Orquestra Infantil, ata as principais.

Como foi este ano de celebración e a que futuro mira a Orquestra? Preguntámosllo a Andrés Lacasa Nikiforov, xerente do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share