Roberto Pascual

Profesor e Xefe de estudos na ESAD de Galicia e, dende 2009, é o Director Artístico da MIT de Ribadavia. É licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática pola USC.

Á fronte da MIT recibiu diferentes recoñecementos coma o Premio Rosa María Cano á Xestión Cultural vinculada ás Artes Escénicas ou o Premio Arenteira de Cultura. Membro do Consello Artístico e da Executiva do INAEM (Ministerio de Cultura) e redactor do Dicionario de Termos escénicos do Consello da Cultura Galega, entre outras actividades profesionais.

Pin It on Pinterest