Rosario Sarmiento

Licenciada en Historia, critica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia. Con máis de trinta anos de experiencia profesional, dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia, e foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia.

Dirixiu o documental “ARTE+MULLER+GALICIA”, Premio “Luisa Villalta” de cultura e igualdade da Deputacion da Coruña.

Ten comisariado e organizado , entre outras, as exposicións dos artistas Chillida, Francisco Leiro, Picasso, Julia Minguillón, Maruja Mallo, Urbano Lugrís, Joan Miró, Isaac Diaz Pardo, Frida Kahlo, Diego Rivera, Manuel Millares, Jannis Kounellis, Yves Saint Laurent: dialogos con el arte, etc.
Membro do comité científico da Asociación Cultural francesa Eau&Lumiere, e asesora cientifica a Ruta do Impresionismo das Mariñas do pintor Francisco Llorens. Colaborou con diversas institucións, entre outras, Academia Galega de Belas Artes,, Museo Casa Natal Picasso de Malaga, Chillida-Leku do Pais vasco, Casa del Lector Madrid, Auditorio de Galicia, Museo MARCO, Museo e Bienal de Pontevedra, entre otros.

Entre 1992 e 1996 foi crítica de arte de La Voz de Galicia, e entre 2012 e 2014 en Radio Coruña Cadena SER, colaborando tamén en revistas especializadas como Arte Ibérica, Arte Omega e Arco Noticias, Luzes, Mundiario e Sermos Galiza. É autora e coautora de diversas publicacións de temática artistica, e membro da comisión de Artes Visuais do Consello da Cultura Galega, membro colaborador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, da asociación MAV ( Mulleres na Artes Visuais) e da Asociación Galega de Criticos de Arte. Participou en diferentes mesas redondas e seminarios da UIMP, da Universidade de A Coruña e na USC no Master sobre Xestión de Patrimonio Cultural da Facultade de Humanidades de Ferrol, en el I y III Foro “Juana Mordó” sobre la creatividad femenina en Madrid.

 

Pin It on Pinterest