Zeta | Episodio 16

Nesta edición décimo sexta edición do Zeta, a nosa colaboradora Tamara Andrés afonda no libro ‘O feitizo de Maruja Roca’, publicado na colección Cámara Escura de a Central Folque. Maruja Roca foi unha fotógrafa de Lugo nada a comezos do século XX. Na obra reúnese o traballo de Eutropio Rodríguez como editor fotográfico e a investigación e a palabra de Nieves Neira Roca.

Pola súa parte, na sección de Ana Abad, experta no eido das artas escénicas, falaremos sobre o Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, que vén de anunciar a súa terceira edición. É  unha iniciativa da compañía de teatro Feira do Leste, que vai asociada ao  proxecto editorial Á Feira Edicións. O certame pon o  foco en novas formas e temáticas dramatúrxicas.  

E ademais, na sección Nos meus 20 anos… na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos… A nosa compañeira Lucía Junquera achegaranos á mocidade de Fina Casalderrei.

Pin It on Pinterest

318 Shares
Share318
Tweet
Share