Zeta | Episodio 26

Na sección de Tamara Andrés, experta en literatura, conversamos co ilustrador e autor de cómics Cristian F. Caruncho.

No tempo dedicado ás artes escénicas, Ana Abad fala coa compañía A Panadaría, que vén de realizar a función número 200 de “Elisa e Marcela”. Tres anos e medio de xira xa e todo un éxito entre o público. 

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da zoqueira Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.


 

Pin It on Pinterest

41 Shares
Share41
Tweet
Share