“The Waylanders” será o quinto título de Gato Studio e o seu proxecto máis ambicioso ata o de agora, unha revisión máxica do Camiño de Santiago, con saltos no tempo incluídos.
The Waylanders é un RPG de espada e bruxería que bebe de moitos dos clásicos do xénero como Dragon Age: Origins. A súa ambientación está centrada en dous momentos temporais, Celta e Medieval, xogando coa dicotomía mundo máxico (pagán) e tradicional (cristián) que se verá reflectido perfectamente na ambientación cromática que identificará cada era, pero sempre con localizacións inspiradas en Galicia e o noroeste peninsular.