“Na poesía de Lupe Gómez sempre hai unha fenda á esperanza”
Dolores Vilavedra comenta o poemario Montaña Ioga de Lupe Gómez, libro gañador do XXI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
Dolores Vilavedra comenta o poemario Montaña Ioga de Lupe Gómez, libro gañador do XXI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
Dolores Vilavedra fálanos esta semana de Perder (2016-2021), de Roberto Salgueiro. Trátase dunha complicación de textos do autor de entre 2016 e 2021 que aparece na colección Teatro da Editorial Galaxia.
Dolores Vilavedra comenta Perder as bestas, a última novela de Manuel Veiga Taboada. O relato lévanos ata os anos 40, cando as partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. É entón cando o goberno organiza as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo a falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os sues adversarios.
Dolores Vilavedra comenta a novela ‘Viva a Comuna!’ na que Carlos Meixide fai un fresco da Comuna de París de 1871, e tamén da xénese e derrota desta revolución. Unha novela de case 600 páxinas cuxo volume non debe atemorizar os lectores porque a narración áxil e dinámica, axudada pola mestría dos diálogos. O libro presenta unha galería de personaxes fascinantes e móstranos tamén o París dos cafés, dos barrios e dos xornais. Edicións Xerais publica esta novela histórica, de ideas, de aventuras, con pingas de amor e de erudición.
Dolores Vilavedra comenta ‘A incrible viaxe das plantas’, do botánico italiano Stefano Mancuso, publicado por Rinoceronte Editora en tradución de Moisés Barcia. Un libro “diferente e engaiolante”, mestura de manual de Botánica, libro de viaxes e colección de relatos protagonizados por plantas.
Dolores Vilavedra analiza ‘A muller xabaril’, unha novela de Fina Casalderrey para público adulto publicada por Edicións Xerais. Unha achega narrativa ambiciosa, que encerra un enigma, e está inspirada nunha persoa real que a autora coñeceu en Pontevedra.
Dolores Vilavedra comenta o ‘Diario da guerra’ de Francisco del Riego, un dos textos inéditos do homenaxeado nas Letras Galegas que ven a luz neste 2023. A editorial Galaxia publica esta memoria que non aforra crueza no retrato da guerra de 1936 por parte de Del Riego, un dos moitos soldados forzosos daquel conflito.
Dolores Vilavedra comenta Non temerás os coches amarelos, a dinámica primeira novela de Marta Villar, publicada por Edicións Xerais. Protagonizada por unha xornalista precaria, inclúe unha serie de historias paralelas e naturaliza unha posición de xénero moi clara.
Dolores Vilavedra comenta as oito crónicas que o xornalista belga Prosper-Henri Devos publicou en 1912. A editorial Laiovento recupera estes textos traducidos e editados pola profesora María Obdulia Luis Gamallo.
Dolores Vilavedra comenta a última entrega poética do tamén narrador e dramaturgo Miguel Sande. Brinde e desespero (Edicións Xerais) asómase aos vínculos familiares ao deterioramento implacable que provoca o paso de tempo. Con esta obra Sande conseguiu o premio de poesía Johan Carballeira.