‘Elvis’ e ‘Llenos de gracia’, estreas da semana
Moncho Lemos fálanos hoxe das dúas principais estreas cinematográficas desta semana:Elvis, un biopic musical dirixido por Baz Luhrmann e mais Llenos de gracia, unha comedia de trasfondo social e baseada en feitos reais protagonizada por Carmen Machi.
Podcast: Play in new window | Download (11.0MB)
As alumnas, do texto ao escenario
Roberto Pascual fálanos hoxe de As alumnas, un texto dramático de Paula Carballeira sobre dúas antigas alumnas damestra republicana represaliada María Barbeito. A obra está publicada pola editorial Galaxia e xa foi levada ao escenario, nunha montaxe que actualmente está en xira por Galicia, dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Mónica Caamaño e Anabell Gago.
Podcast: Play in new window | Download (6.7MB)
Armando Requeixo comenta “O negociador”
Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de O negociador, a última novela de Miguel Sande, que foi finalista do Premio Xerais de Novela do pasado ano. Unha historia sobre un negociador que en Alxer ten que tratar de gañar tempo e liberar un secuestrado por ETA mantendo longos encontros cos seus captores. Un relato...
Podcast: Play in new window | Download (8.1MB)
Espazos e metamorfose no debut de Alba Doval
Alba Cid comenta Unidade, o primeiro poemario de Alba Doval, publicado pola editora Rodolfo e Priscila.Un libro inspirado pola Unidade habitacional de Le Corbusier, unha cidade-xardín vertical construída enMarsella trala Segunda Guerra Mundial.
Podcast: Play in new window | Download (10.8MB)
Documental e investigación universitaria
Beli Martínez fálanos hoxe de pezas documentais que naceron de proxectos de investigación universitarios: ‘A festa do emigrante’, de Sara Traba, no marco do proxecto de investigación Arquitecturas da Paisaxe e do Cambio e mais Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, parte do proxecto Atlantic Culture Scape da Universidade de Vigo.
Podcast: Play in new window | Download (9.0MB)
O tradutor de sombras, de Moncha Fuentes
Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de O tradutor de sombras, a última novela de Moncha Fuentes. O tradutor de sombras (Xerais) afonda nos abismos anímicos de Roque Corbal, un tradutor depresivo que se refuxia no alcohol e no traballo perfeccionista para escapar dun pasado familiar que lle resulta inaturable e que o psiquiatra...
Podcast: Play in new window | Download (7.2MB)