Todas as colaboracións

‘Backstage’, o espectáculo de clown debut da Compañía Negro López

Afonso Becerra fálanos do debut da Compañía Negro López co espectáculo de clown Backstage. Dálle forma o dúo cómico formado por Iván Davila e Brais Iriarte.

Cecilia Vázquez homenaxea a Lola Flores no seu ‘Lerele’

Afonso Becerra comenta a peza ‘Lerele’, na que Cecilia Vázquez, a raíña do burlesque galego, homenaxea a Lola Flores. Un espectáculo dirixido por Ana Contreras cunha escenografía de José Faro ‘Coti’.

Kirenia Danza estrea ‘Afectos’

Afonso Becerra comenta ‘Afectos’, a peza que Kirenia Danza veñen de estrear en Santiago, no marco do festival Escenas do Cambio. É a terceira montaxe dunha triloxía formada tamén por ‘Emigrantas’ e ‘Primeiro a vida!’.

Danza e ‘Tabú’

Na véspera do Día da Danza Afonso Becerra fala do espectáculo ‘Tabú’, de Colectivo Glovo. Unha montaxe que poderá verse esta fin de semana en Vigo e na Estrada. 

Dansa València, festival de referencia na Península

Dansa València, festival de referencia na Península

Bailando o mes da danza

Afonso Becerra dedica a súa colaboración ao mes da danza, con programacións como Primavera en Danza, en Carballo, ou o novo ciclo ‘Danza Pontevedra’, que pechará este domingo ‘Demente’, de Fran Sieira. Un espectáculo que Becerra caracteriza como “atrevido e valente” no que se aborda a demencia senil e as enfermidades mentais a través do baile tradicional.

Rosalía e Sor Juana Inés de la Cruz en ‘Clásicas desfeitas’

Afonso Becerra comenta a última edición do ciclo ‘Clásicas Desfeitas’, co espectáculo ‘Canta máis luz, máis sombra’, un díptico sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro e Sor Juana Inés de la Cruz. Aurora Cano, directora da Compañía Nacional de Teatro de México, dirixiu a peza dedicada á fundadora das letras galegas, e a montaxe dedicada á fundadora das letras mexicanas encargouse Fran Núñez, director do CDG.

4×4, teatro de pequeno formato en Vigo

4×4, teatro de pequeno formato en Vigo

O amor que nos religa en ‘Outrora Nós’ de Mevadeus

No comentario semanal de artes escénicas de Afonso Becerra, hoxe ‘Outrora Nós’ de Mevadeus: “Un poema escénico posdramático, que nos ofrece unha miríade de emocións sutís. Unha danza contemporánea que bebe de elementos da tradición. Mevadeus é unha compañía nova de teatro físico formada por Bal Castro, Inés Santos, Brais Pombo e Mara Neira, que malia a súa xuventude buscan esa inspiración na tradición do baile, da música e nun paraíso perdido. En ‘Outrora Nós’ pregúntanse “u-lo amor?” en forma de autocrítica para esas novas xeracións que parecen vivir a expensas das redes sociais.”

Somos mortais e vulnerables, pero non pasa nada

Afonso Becerra ponse hoxe moi existencialista para falarnos da verdade, esa que só existe no corpo, mentres as palabras minten. Esa verdade lévanos desta volta á danza coa compañía Furia Sotelo da coreógrafa Nuria Sotelo, coa peza ‘Mortais e vulnerables’. Un espectáculo no que a bailarina comeza mirando aos ollos do espectador, para acabar espíndose figurada e literalmente, con só unha tea branca cubríndolle o corpo. Aí está a verdade.

Pin It on Pinterest