Todas as colaboracións

‘Aida’, a gran ópera de Verdi

Luís Miguel Crespo fálanos da Programación Lírica da Coruña, que unha temporada máis trae á cidade herculina ópera, recitais, cursos, lírica inclusiva, conferencias, concertos de novas voces galegas, etc. Centrámonos desta volta na apertura, pois teremos a oportunidade de escoitar o xoves 14 e o sábado 16 no Pazo da Ópera da Coruña a ópera Aida, de Giuseppe Verdi. Falamos de quen foi Verdi e por que Aida é das meirandes óperas da historia.

 

 

Músicas do leste

Luís Miguel Crespo fálanos hoxe de músicas rusas, checas e húngaras de finais do s. XIX e inicios do s. XX.  Reparamos en compositores como Chaikovsky, Janacek, Kódaly ou Mussorgsky. Tanto a Real Filharmonía de Galicia como a Banda Municipal de Música de Santiago, van ofrecer esta semana concertos con músicas do leste no programa. 

 

 

 

Grandes sinfonías

Luís Miguel Crespo fálanos de grandes sinfonías de Brahms e Tchaikovsky, que poderemos escoitar nos próximos concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía.

 

 

Música e relixión

Luís Miguel Crespo fai un percorrido histórico pola relación entre a relixión e a música, do fío do concerto que a Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres na Semana de Música Relixiosa de Cuenca, un dos ciclos de música relixiosa máis consolidado na Península.

Entre o amencer exipcio e as sinfonías heroicas

Na colaboración de hoxe ímonos centrar nos dous concertos que ofrece esta semana a OSG, ámbolos dous de abono, venres e sábado no Pazo da Ópera coruñés. Un repertorio ben interesante de Saint-Saëns e Beethoven, un director convidado, o holandés Otto Tausk, e un solista de excepción, o pianista Javier Perianes, ofrecerán ben seguro unhas veladas para o recordo. Porque como veremos, nesta música e nestes intérpretes hai moita maxia e tamén moita historia.

 

 

Os Amigos da Ópera da Coruña celebran 70 anos programando o mellor da lírica na cidade

En 1952, un grupo de amigos que compartían faladoiros no Sporting Club Casino da rúa Real da Coruña decidiron levar a cabo a organización dun festival anual e o patrocinio de recitais e concertos, para traer á cidade óperas descoñecidas e intérpretes de todo o mundo.

En agosto de 1953 celebrouse o primeiro Festival de Ópera, e desde entón a actividade lírica da Coruña mantense viva ano a ano, con máis de 200 representacións ata o día de hoxe. Todo, grazas á vontade dun grupo de amigos, que, 70 anos, seguen a ser a Asociación de Amigos da Ópera da Coruña.

Este 2022 volve a Temporada Lírica da Coruña co mesmo espíritu co que comezou. Repasamos a programació, que se estende ata o mes de decembro, co noso colaborador habitual, Luis Miguel Crespo. E conversamos tamén co tenor venezolano Aquiles Machado, director artístico da Asociación.

 

 

Andrés Gaos e a orquestra que leva o seu nome

Luis Miguel Crespo fálanos de Andrés Gaos, un violinista, compositor, director, e docente galego que naceu na rúa do Orzán, na Coruña, un 21 de marzo de 1874 nunha familia con moita tradición musical. Faleceu en Mar del Plata un 13 de marzo do ano 1959, deixando unha obra compositiva de máis de 70 títulos, incluíndo repertorio escénico, orquestral, pianístico, para violín, para violoncello e para voz e piano.

A súa figura comezou a gozar de recoñecemento en Galicia sobre todo a partires de inicios do s. XXI, cando se realizan homenaxes na cidade, a OSG grava música súa, publícanse partituras e libros, fanse exposicións, homenaxes como o “Ano Gaos” (2019)… E sobre todo tamén, grazas á creación dunha orquestra e coro co seu apelido: a Orquestra Gaos.

 

 

 

 

Clara Schumann, virtuosa pianista e compositora

Esta semana marchamos ata A Coruña para comentar o concerto que ofrece a OSG o xoves 11 e venres 12 no Pazo da Ópera, e que nos servirá para coñecer máis a fondo a unha figura importante da época romántica, unha virtuosa pianista e tamén compositora: Clara Wieck (máis coñecida polo seu apelido de casada, Clara Schumann).

Escoitaremos o Concerto para Piano en la menor de Clara Schumann interpretado por Marianna Prjevalskaya, ademais de Rakastava de Jean Sibelius, e a Sinfonía nº 5 de Ralph Vaughan Williams. Todo isto dirixido polo británico Rumon Gamba. Con Luis Miguel Crespo.

 

 

De viaxe a Latinoamérica coa Real Filharmonía de Galicia

Este xoves comeza a longa viaxe musical da Real Filharmonía de Galicia, e polo tanto temos que prepararnos para marchar lonxe, para voar desde a cadeira do Auditorio de Galicia por todo o mundo. O destino desta primeira viaxe vai ser Latinoamérica, e a encargada de levarnos ata aló vai ser a principal directora convidada, a mestra portuguesa Joana Carneiro.

Con Luis Miguel Crespo escoitaremos música do mexicano Carlos Chávez, concretamente a súa obra Discovery, xunto coas as 5 cancións de Neruda de P. Lieberson, e os Tres bosquexos latinoamericanos de Aaron Copland.

 

 

Seguindo os pasos da RFG por Santander

Na colaboración de Luis Miguel Crespo imos de viaxe dobremente: aterramos en Cantabria da man da Real Filharmonía de Galicia, que participa no Festival Internacional de Santander, un dos máis importantes a nivel nacional e que cumpre 70 anos. 

Seguindo o programa da RFG imos cara a América, cunha parada especial na Arxentina. No centenario do nacemento de Astor Piazzola, músico imprescindible do século XX, a RFG non quixo faltar á súa homenaxe.

Pin It on Pinterest