Todas as colaboracións

Preparámonos para o concerto de aninovo

Un clásico imprescindible para comezar ben o ano é escoitar o tradicional concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica de Viena desde a Sala Dourada do Musikverein. 

Queres saber máis sobre esta importante cita musical? Luis Miguel Crespo cóntanos todo o que temos que saber para gozar ao máximo deste concerto. 

A RFG e o Padre Calo

A Real Filharmonía de Galicia recorda a unha figura galega fundamental para enterder moitos anos da música occidental, o Padre Calo, recentemente falecido.

Este xoves en Santiago, o venres en Ferrl e o sábado en Ourense, a homenaxe da RFG ao Padre Calo.

Cóntanos máis Luis Miguel Crespo. 

Continúan as celebracións do 250 aniversario de Beethoven

O mundo da música leva un ano celebrando o 250 aniversario de Beethoven. As orquestras galegas tamén queren rematar o ano con esta celebración, como ben nos trae á axenda Luis Miguel Crespo. 

Eduardo Soutullo, premio de Composición da AEOS e a Fundación BBVA

Eduardo Soutullo, premio de Composición da AEOS e a Fundación BBVA

O ‘Orfeo e Eurídice’ de Gluck: un cambio de paradigma na ópera barroca

O noso colaborador Luis Miguel Crespo fálanos do ‘Orfeo e Euridice’ do compositor alemán Gluck, que poderemos desfrutar este xoves no Auditorio de Galicia. 

“Escenas e xogos infantís” da man de Robert Schumann e Georges Bizet

Luis Miguel Crespo convídanos a recordar aquelas escenas e xogos da nosa infancia, musicados por Robert Schumann e Georges Bizet. As súas composicións máis “inocentes” soarán este xoves 22 en Vigo da man de Zoar Ensemble e da Orquestra Sinfónica de Galicia. 

As Escenas infantís de Schumann son, segundo o seu autor, “unhas viñetas expresivas e adultas de lembranzas e reflexos da infancia”. Os Xogos infantís de Bizet lévannos tamén a evocar o lecer dos máis pequenos. Un repertorio moi orixinal que poderemos desfrutar coa sonoridade dun quinteto de vento de referencia en Galicia como é Zoar.

Debullamos a 6ª Sinfonía de Beethoven, protagonista desta semana da programación da OSG

O noso colaborador Luis Miguel Crespo continúa co comentario da programación da Orquestra Sinfónica de Galicia. Logo de arrancar a tempada con Mahler, chega o turno de Beethoven e a súa 6ª Sinfonía, a Pastoral.

De marcado carácter programático, esta Sinfonía está baseada na vida no campo, e describe con moita precisión os sentimentos que a vida campestre esperta, ademais de fenómenos naturais como as tormentas. 

A 6ª Sinfonía poderase escoitar en dóus concertos en Ferrol e na Coruña, baixo a batuta do mestre portugués Nuno Coelho. 

Repamos as programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia

Coñecemos hoxe con Luis Miguel Crespo un pouco máis das programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia, dúas tempadas cargadas de grandes concertos que achegan o mellor da música clásica ao público das súas sedes no Auditorio de Galicia e no Coliseum coruñés, ademais de ao do resto das cidades galegas. Música dos mellores compositores da historia xunto con música de compositores e compositoras galegas, estreas absolutas, concertos didácticos, proxectos educativos… En definitiva, dúas grandes propostas que nos achegan cultura de xeito seguro en tempos tan incertos.

 

 

A Programación Lírica da Coruña comeza o 3 de setembro

O noso colaborador Luis Miguel Crespo adiántanos hoxe a Programación Lírica da Coruña, que comeza a vindeira semana. Organizada pola asociación Amigos da Ópera da Coruña, presenta este ano un ambicioso programa no que se da especial importancia ao talento galego e español, sen descoidar as figuras internacionais. Así, haberá galas de grandes momentos das máis afamados óperas e estreas de autores galegos como Juan Durán, representarase a famosa zarzuela La Verbena de la Paloma, tamén Vendado es amor, no es ciego, de José de Nebra coa dirección do mozo coruñés Alberto Rouco, haberá momento para músicas da emigración con Borja Quiza, o “bel canto” será tamén protagonista, etc.

Entre os artistas convidados poderemos gozar da Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra e Coro Gaos, ou o grupo Los Elementos, e as grandes voces de Sondra Rodvanovsky, Carlos Álvarez, Alejandro Roy, Simón Orfilia, Borja Quiza, Mariella Devia, Jessica Pratt, ou Xavier Anduaga, entre moitos outros.

 

 

Luis Miguel Crespo achéganos o repertorio do Festival Groba

Continuamos co repaso que estamos facendo dos principais festivais de música clásica que se están desenvolvendo neste agosto atípico, e hoxe ímonos a Ponteareas, pois estase a desenvolver alí o Festival Groba, na súa xa VIII edición. Comezou o día 15 e remata este venres 21, con concertos de música de cámara nos que se interpretará repertorio que vai desde algúns dos máis emblemáticos compositores da historia da música de diferentes épocas coma Bach, Telemann, Mozart, Schubert, ou Holst… ata o homenaxeado Rogelio Groba, compositor galego que aos seus 90 anos segue compoñendo. Os concertos correrán a cargo da Orquestra de Cámara Galega, que cumpre 25 anos, ademais de solistas da talla de Esteban Batallán, Kyoungmin Park, Anastasia Kobekina, Elisa D´Auria, etc.

 

 

Pin It on Pinterest