A obra de Gurriarán

Letras Galegas 2022 | A poesía de Florencio

Como escritor, Florencio Delgado Gurriarán foi fundamentalmente poeta. Os seus versos falan da paisaxe de Valdeorras, pero tamén denuncian o franquismo, preocúpanse pola situación do galego ou celebran a cultura popular mexicano. 

Facemos un percorrido pola obra poética de Florencio Delgado Gurriarán con varias voces expertas e os seus propios poemas.

Letras Galegas 2022 | A obra colectiva do exilio mexicano

É a primeira vez que as Letras Galegas visitan o exilio de México, que impulsou proxectos editoriais como o poemario antifranquista “Cancioneiro da loita galega” e tamén radio e publicacións en galego, como a revista “Vieiros”, que pasou á historia pola súa ambición e calidade con apenas catro números. 

Letras Galegas 2022 | A preocupación pola lingua

Continuamos coñecendo o itinerario vital e literario de Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado das Letras deste ano. Reparamos agora nun aspecto esencial na súa poesía e no seu activismo político e cultural: a preocupación pola lingua. 

Pin It on Pinterest