Todas as colaboracións

‘A poeta analfabeta’ chega ao Teatro Colón

O Teatro Colón da Coruña acolle o xoves 27 de xaneiro a proxección do documental ‘A poeta analfabeta’, un traballo dirixido por Sonia Méndez e producido por Nati Juncal sobre a figura da poeta e activista Luz Fandiño. Beli Martínez resúmenos a traxectoria de Sonia Méndez, tamén directora do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, actriz, realizadora de curtametraxes, webseries que actualmente prepara a súa primeira longa de ficción, ‘As neves’.

Cine no museo

Beli Martínez tráenos exemplos da presenza cada vez máis habitual do cine nos museos: a videocreación “Neuronas a ceo aberto” de Lucía Estévez e Estíbaliz Espinosa, que formaba parte da mostra A Galicia Futura ou as pezas audiovisuais de Alberte Branco, Adrián Canoura e Tono Mejuto na exposición Colmeiro. Cor e sentido que pode visitarse na Fundación Luís Seoane.

Fin de semana no Novos Cinemas

Beli Martínez debulla a programación de fin de semana do festival Novos Cinemas, cuxa sexta edición está desenvolvéndose en Pontevedra. Destaca o foco dedicado á cineasta María Pérez Sanz, a sección ‘Por primeira e última vez’ e mais a película de clausura, Espíritu Sagrado, de Chema García Ibarra. 

Tres estreas galegas no cine

Beli Martínez convídanos a ver algúns dos filmes galegos que chegan aos cines esta fin de semana: a longametraxe de animación Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, o documental Tierra de leche y miel, sobre as feridas que a guerra e ¿Qué hicimos mal?, dirixida por Liliana Torres e con Xulio Abonjo no elenco.

Cine galego no festival de Xixón

Beli Martínez e Ángel Suanzes repasan os filmes galegos que se proxectan nos próximos días no festival internacional de Xixón.

A escolma de Beli Martínez para Cineuropa

Beli Martínez comenta algúns dos filmes que podemos ver nestes días no festival
santiagués Cineuropa: Diarios de Otsoga do portugués Miguel Gomes e Maureen Fazendeiro,
A Chiara, de Jonas Carpignano e Malencolía, a última película de Alfonso Zarauza.

O Congreso ‘Small cinemas’ chega a Compostela

Beli Martínez tráenos na súa colaboración desta semana o congreso Small cinemas que se celebrou onte e hoxe en Santiago, na Facultade de Comunicación. O congreso que leva como subtítulo “Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas”.  Esta 12ª edición da Small Cinemas Conference (organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia) reúne a participantes de máis de 20 universidades e outras institucións para tratar cuestións como o impacto do streaming nos pequenos cinemas, o papel do circuíto de festivais no posicionamento destes, a efectividade das políticas públicas para promovelos ou as posibilidades dos arquivos institucionais e comunitarios para conservar este cinema, con achegas que analizan casos de cinematografías como a galega, a polaca, a vasca ou a chilena, en moitos casos marcadas pola presenza de linguas minorizadas.

Beli Martínez mergúllanos nas novidades do cine e no SEMINCI

O cinema galego non para e a nosa colaboradora do audiovisual, Beli Martínez, vén dar fe disto unha semana máis, comezando pola Semana Internacional de Cine de Valladolid.

A muller rural galega no documental

A nosa galardoada colaboradora Beli Martínez repasa connosco as últimas novas do mundo audiovisual galego centrándose na muller e no rural galego e no cine documental.

Pallasos e terror no cine

Beli Martínez fálanos do documental Clown’s Planet de Héctor Carré e repasa a programación do Galician Freaky Film Festival

Pin It on Pinterest