Todas as colaboracións

‘Pringadas’ e ‘Rapa’ , as últimas estreas en galego

Andrea Villa trae de novo as últimas estreas do audiovisual. A serie ‘Pringadas’ de Belén Puime chegou a Filmin trala súa primeira aparición no “Carballo InterPlay” da pasada edición, onde gañou o galardón ao mellor proxecto de serie web. Ademais, volve a segunda tempada de ‘Rapa’ ás pantallas, de  Pepe Coira e Fran Araújo

O Cineclube de Compostela celebra o seu aniversario

Andrea Villa convídanos á festa do vixésimo segundo aniversario do Cineclube de Compostela. O sábado 3 de xuño, no Centro Social O Pichel, proxectarase o filme ‘If felt like a kiss’, de Adam Curtis, e actuarán os grupos Lume, Despeñaperros e Menina Arroutada. A celebración rematará cun karaoke cinéfilo. 

Produtores do noso audiovisual e S8

Andrea Villa dá conta da nova directiva do Clúster do Audiovisual Galego, unha entidade que agrupa produtores de medio cento de empresas do audiovisual e que agora preside Alfonso Blanco, da produtora Portocabo. Outra produtora galega, Andrea Vázquez, de Miramemira, foi recoñecida pola revista Variety como unha  das profesionais españolas máis interesantes no sector. Ademais falamos da Mostra de Cinema Periférico, que se desenvolve na Coruña entre o venres 26 de maio e ata o 4 de xuño.

Seis películas para as Letras Galegas

Andrea Villa organiza hoxe un club audiovisual no que seis persoas nos recomendan filmes en galego. Escoitamos as propostas de Cibrán Tenreiro, Alba Mancebo, Ana Domínguez, Lucía Estévez, Olaia Tubío e Julio Vilariño.

‘O coidado’, unha das estreas no Festival de Cans

‘O coidado’, unha das estreas no Festival de Cans

Star Wars, Conecta Lab e 8 anos de Numax

Andrea Villa cóntanos hoxe en que vai consistir a participación de Luís Tosar no universo de Star Wars e avánzanos en que  vai consistir a celebración do oitavo aniversario do cinema e libraría Numax en Santiago. Ademais coñecemos en que consiste o Conecta Lab que a Asociación de Profesionais da Dirección e Realización desenvolve na illa de San Simón. 

‘Garbo’ e Imaxinaria Fest

Andrea Villa avánzanos a nova miniserie que anda preparando a produtora galega Portocabo. ‘Garbo‘ contará a historia dun axente dobre español que resultou clave na vitoria aliada na II Guerra Mundial. Tamén nos adianta o nacemento do festival Imaxinaria, dedicado á animación. Está dirixido por Alberto Vázquez e Matilde Rodríguez e celebrará a súa primeira edición entre o 10 e o 14 de maio na Coruña.

Festival D’A e Carballo Interplay

 

Andrea Villa repasa a presenza galega no festival D’A de Barcelona, con filmes producidos por Ángel Santos como Las tierras del cielo, Din que non falan ou Alicia fai cousas, que tamén dirixe. Ángel Filgueira estrea no certame a súa Cando toco un animal; e avanzamos parte da programación da décima edición do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que comeza o próximo mércores. 
 

 

Mes do cine europeo nos cines Dúplex de Ferrol

Andrea Villa cóntanos hoxe que o cine Dúplex de Ferrol foi escollido para representar a España no Mes do Cine Europeo, que comeza este domingo.  E coñecemos tres películas galegas que van participar no festival de Xixón, ‘Foreign song’ de César Souto, ‘Al otro lado del mar, de Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno e mais ‘O neno sardiña’ de Lucía Estévez. 

Cine para o mes de novembro

Andrea Villa fálanos e ’13 exorcismos’, un filme do coruñes Jacobo Martínez sobre un caso real. Tamén nos avanza a 36ª edición de Cineuropa e fainos recomendacións para os primeiros días de proxeccións.

Pin It on Pinterest