Teatro comunitario no Son do Mar
Teatro comunitario no Son do Mar
Teatro comunitario no Son do Mar
A actualidade do teatro con Roberto Pascual:
Un comentario de Roberto Pascual.
Estes días podemos ver no teatro a historia do amor, cando acaba o amor. A compañía Cámara Negra adapta ‘Clausura do amor’, o texto de Pascal Rambert, e ten todos os detalles Roberto Pascual.
Roberto Pascual fálanos de Arter Party, un espectáculo pouco visto, dunha compañía nova, que puidemos ver recuperado grazas ao impulso dun proxecto novidoso, “Prendendo butacas na casa”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra.
‘Carabela’ e ‘Somos os monstros’ son os dous últimos títulos de teatro infantil da dramaturga, actriz e contadora Paula Carballeira, que atoparemos nas librarías. ‘Carabela’ anda nos escenarios coa compañia Galeatro.
Estas dúas pezas teñen en común a figura do monstro ou da pantasma, o tema do medo; pero tamén a capacidade de imaxinar, de crear, e a valentía que rompe fronteiras. O pensamento ecolóxico, o humor e o ritmo áxil son algunhas das características da dramaturxia desta autora.
Un comentario do colaborador do Diario Cultural, Roberto Pascual.
Tres propostas de ‘Sapatos de tacão alto’
Roberto Pascual lévanos ao teatro con ‘As mulleres do porvir’, unha peza cómica de contido tráxico, que escribiu Dorotea Bárcena baseada na obra de Concepción Arenal.
Pódese visualizar na canle de Youtube no Consello da Cultura Galega.
Tres amigas que non se ven desde a época universitaria reúnense nun Airbnb en Vigo. Así comeza ‘Feminíssimas’, unha obra que se apunta á liña dos debates e cuestións de actualidade arredor dos movementos feministas e queer.
Tres amigas que defenden a igualdade desde percorridos e punos de vista moi diferentes, e que nos trae na súa recomendación semanal Roberto Pascual.