Todas as colaboracións

Equilux, astrocitos e haikus

Estíbaliz Espinosa felicítanos o equilux e explícanos cal é a diferenza entre este concepto e o de equinoccio. Da rotación da Terra pasamos ao interior do corpo humano e á descuberta dun tipo híbrido entre neuronas e astrocitos que pode ter incidencia en enfermidades como o Alzheimer. Pechamos co ‘Florespiña’ no que a IA trae de volta a Ana Kiro e cos haikus de Susana Benet.

Pasado e futuro do cromosoma Y

Estíbaliz Espinosa fálanos hoxe sobre o cromosoma Y, que acaba de secuenciarse por completo por primeira vez. Escoitamos un fragmento da novela ‘Summer’, de Ali Smith, con música de creada por Mateo Mena co instrumento Jvpiter Fvlgvr, que recolle ondas electromagnéticas de radio dende o planeta Xúpiter e a lúa Ío e as transforma en pezas musicais.

A nova carreira á Lúa e as visitas dos cometas

Estíbaliz Espinosa fálanos hoxe da chegada á Lúa da sonda india Chandrayaan-3 e das razóns da carreira lunar de varias potencias. Preparámonos para ver en setembro o cometa Nishimura lembrando a conmoción que produciu en 1910 o cometa Halley. Escoitamos o comezo dun conto de Emilia Pardo Bazán que lembra o acontecemento. 

Heisenberg, Schrödinger e os ‘hibakusha’

Estíbaliz Espinosa acompáñanos nesta viaxe ao mundo atómico, a través de físicos como Werner Heisenberg ou Erwin Schrödinger, que visitou Galicia en 1934. Lembramos os ‘hibakusha’, persoas expostas ás bombas atómicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki polos Estados Unidos en agosto de 1945. Poñemos o ramo cun poema de Mary Oliver sobre árbores. 

Tronada, solsticio e Emily Brontë

Estíbaliz Espinosa volve falarnos da emerxencia climática e prepáranos para o solsticio de verán.
Poñemos o ramo ao encontro lendo a Emily Brontë con banda sonora do Minecraft. 

Ante o negacionismo climático, empatía e poesía

Estíbaliz Espinosa afronta o negacionismo climático alimentado pola polarización política con empatía, textos de Cal Flynn e Manuel Rivas e música de Ataque Escampe. 

Unha viaxe polo cerebro

Estíbaliz Espinosa fálanos hoxe de neurociencia, das diferenzas entre o cerebro humano e dun chimpancé e das conexións entre cerebro e intestino. Como sempre, Estíbaliza trae libro recomendados: o poemario A (des)memoria de Clara Vidal e a guía sobre o noso cerebro A que cheiran as cores, de Casto Rivadulla. 

Noites escuras e libros con luz

Estíbaliz Espinosa fálanos de bioluminiscencia e das súas aplicacións, da contaminación lumínica, dos novos destinos Starlight de Galicia e lenos versos do poemario Vestir a noite de Olalla Cociña.

De algoritmos e autómatas

Estíbaliz Espinosa descóbrenos que os algoritmos e a IA levan moito tempo acompañando os seres humanos. Para escapar dos camiños previstos, recorremos á escrita de Anne Carson, na súa Antropoloxía da auga, que publica Chan da Pólvora en tradución de Jesús Castro Yáñez.

De ferralla espacial, Elon Musk e Franco Battiato

Estíbaliz Espinosa fálanos hoxe de ferralla espacial, Elon Musk e a contaminación do ceo nocturno. Durante a exploración lemos poesía de Wendell Berry e escoitamos a Franco Battiato.

Pin It on Pinterest