Todas as colaboracións

Á procura de vida con Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa lévanos hoxe á procura da vida. Primeiro exploramos o noso Sistema Solar, e despois os desafíos para procurar vida nova no planeta Terra. 

Entrelazamento cuántico entre Ismael Ramos e Annie Ernaux

Estíbaliz Espinosa explícanos que é e que aplicacións ten o entrelazamento cuántico, a investigación que levou o Nobel de Física este ano, e acaba entrelazando o premio Nacional de poesía nova a Ismael Ramos co Nobel de Literatura a Annie Ernaux. 

Un café con leite cósmico con Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa fálanos hoxe da cor promedio do universo, da súa expansión, da teoría do Big Bang e da mensaxe para o futuro da sonda espacial Lucy. 

As cores do universo

Estíbaliz Espinosa estrea a súa colaboración sobre ciencia, literatura e arte falando de cores. Das imaxes do telescopio espacial James Webb aos ‘Bluets‘ da poeta Maggie Nelson, pasando pola cor Pantone de 2022 e as teorías de Goethe e Newton. 

Pin It on Pinterest