Todas as colaboracións

Comeza a temporada con moita forza no sector dos videoxogos

Luz Castro fálanos hoxe do evento IndieDevDay en Barcelona, a cita referente do desenvolvemento indie español. Nel, ademais de xogar, puido ver avances en videoxogos galegos como XermeLUA ou Azra, entre outros.

A vida dun nabo en videoxogo

Luz Castro fálanos hoxe do videoxogo indie español ‘Minabo’, no que cada partida é un camiño no que se constrúe a vida dun nabo desde que brota ata que morre. Un divertimento que tamén é un paseo case metafísico pola vida. Ademais, avánzanos a xornada POWER-UP, que este venres se centra en Ferrol nos videoxogos aplicados e persuasivos

Videoxogos aquí e acolá

Luz Castro fálanos hoxe de varios eventos nos que se presta atención aos videoxogos, desde ‘Soutomaior de libro’ e o Salón do Libro de Pontevedra ao Nintendo Indie World Showcase.

‘Slow gaming’, videoxogos sen présas

Luz Castro fálanos hoxe de videoxogos que propoñen xogar sen tensións, pensados para esquecer todo o demais e centrarse en pequenas tarefas agradables. Por exemplo, ‘Assemble with care’, de ustwo games, unha historia sobre desmontar cousas e volver montalas, mais tamén é unha historia sobre os problemas de comunicación que se dan nas familias. Ou ‘Strange Horticulture’, de Bad Viking, no que diriximos a herboristería dunha vila.

Videoxogos de marzo: IDEA e ‘The Crown of Wu’

Luz Castro comenta dous novos videoxogos de estudos independentes españois. IDEA, de TLR Games, un crebacabezas baseado na física que parte dunha peza visual rodada integramente cun drón polo cineasta finlandés Olli Huttunen e mais ‘The Crown of Wu’, de Red Mountain, un proxecto inspirado nun conto tradicional chinés sobre o rei mono.

Xan Chuchamel, un xogo de plataformas do estudio Narubane

Luz Castro descúbrenos un novo xogo de selo galego, trátase de Xan Chuchamel, do estudio Narubane:

“Un xogo de plataformas e quebracabezas onde precisaremos tanto habilidade como intelixencia para superar cada desafío. Xan Chuchamel lanzouse o 31 de outubro en Steam, para PCs con Windows ou Linux, e nel acompañamos ao protagonista Xan, que é un bichiño redondo de cor violeta, cuns impáticos cornos e unha boca en forma de funil que lle permite atrapar bloques para movelos de sitio. Esta habilidade vai ser fundamental para conseguir superar os niveis, nos que teremos que avanzar, saltar e conseguir moedas e medallas.

Narubane é un estudio creado este mesmo ano que ten a súa sede en Betanzos e está formado por unha única persoa, un enxeñeiro informático que sempre quixo desenvolver un xogo, e aproveitou que a pandemia e o cofinamento para comezar este proxecto. Foron dous anos de traballo, nos que se encargou absolutamente de todas as partes do xogo: deseño, gráficos, programación, marketing e tamén as tarefas de xestión para publicar en Steam e na Nintendo e-shop (a finais de mes sairá a versión para Nintendo Switch). O único que non é da súa autoría é a música.”

Videoxogos, entre a literatura e o cinema

Videoxogos, entre a literatura e o cinema

‘Evering’, unha aventura a 16 bits do vigués Purpure Studio

‘Evering’, unha aventura a 16 bits do vigués Purpure Studio

Novo Museo do Videoxogo en Cangas

Luz Castro avánzanos algúns dos contidos do novo Museo do Videoxogo, que abre as portas en Cangas o 10 de setembro.

Videoxogos do cotián: Barista: Take Away e Unpacking

Luz Castro propón hoxe dous videoxogos baseados en tarefas do día a día.
‘Barista: Take Away’do estudio galego Digital Monster Collective, pon a proba a nosa habilidade e rapidez para preparar cafés personalizados e perfectos. ‘Unpacking’, de Witch Beam, é un xogo tranquilo, que permite crear cuartos agradables con obxectos gardados en caixas de mudanza. 

Pin It on Pinterest