Todas as colaboracións

Regalos audiovisuais para este nadal

A nosa colaboradora experta en audiovisual, Beli Martínez, analiza con nós os posibles regalos para este nadal.

O cine galego triunfa nas nominacións aos Goya

A nosa colaboradora experta no audiovisual galego, Beli Martínez, fálanos sobre o cinema galego nas nominacións aos Goya.

Cineclube Compostela acolle a estrea de “Unha gran burla negra”

Beli Martínez acompáñanos para falar de “Unha gran burla negra”, o documental de Diego Vites e Sara Pérez que se estreou esta semana no Cineclube Compostela. Un traballo que se enmarca dentro do proxecto que leva o mesmo nome que o documental e que ten como propósito abrir unha reflexión cidadá a dezaseis anos vista da catástrofe do Prestige e das mobilizacións populares que se derivaron a partir do inventario, estudo e exposición do seu arquivo cultural.

PortoPostDoc, un festival que aposta pola conexión luso-galaica audiovisual

PortoPostDoc é un dos festivais que máis aposta por establecer e fortalecer a conexión luso-galaica. Xunto á nosa colaboradora experta no mundo audiovisual, Beli Martínez, coñecemos un pouco mellor este encontro e a cinematografía galega que alí estará.

O realizador vigués estrea a súa longametraxe “A felicidade dos cans”

A nosa colaboradora do mundo audiovisual, Beli Martínez, acompáñanos un venres máis para falarnos sobre David Hernández, un realizador vigués que a semana pasada estreou “A felicidade dos cans” no Festival de Xixón e en Cineuropa.

Tamén nos informa da próxima apertura dos Codex Cinema en Lugo, que inspirándose no modelo de Numax, van reabrir dúas salas que apostan polo cinema en versión orixinal.

Por último, coñecemos o cinema Palleiriso, un proxecto sen ánimo de lucro impulsado polo Cineclube Os papeiros, organizado nunha palleira na parroquia de Mairíz, en Chantada.

O festival Cinema Crianza celébrase esta fin de semana en Ames

Falamos con Lara Bacelo, unha das voces máis singulares do panorama galego. Nestes momentos, atópase inmersa na segunda fas rodaxes do documental Aquel sol do verán.

Ademais, esta fin de semana celébrase en Ames o festival Cinema Crianza. O evento está dirixido aos máis cativos e trata de promover certa sensibilidade artística así como un espíritu crítico ante as diferentes prácticas audiovisuais.

Beli Martínez fálanos de “Intersección”, primeiro encontro internacional de arte audiovisual

Falamos coa nosa colaboradora de “Intersección”, o primeiro encontro internacional de arte audiovisual. Celebrarase na Fundación Luís Seoane do 9 ao 11 de novembro e contará coa presenza de artistas de traxectoria internacional.

Intersección propón unha programación de absoluta vangarda formada por obras invisibles que nunca chegan a canles de exhibición populares, senón que tan só se amosan en encontros internacionais específicos.

Recomendación de películas para ver en Cineuropa

Hoxe falaremos de Cineuropa, que comeza o día 7 en Compostela. Cita obrigada para porse ao día no cine mundial. Na que haberá moitas proxeccións das que salientamos e recomendamos as seguintes: ‘Entre dos aguas’ de Isaki Lacuesta, a película inaugural de ‘La noche de los doce años’, ‘Loro’  de Sorrentino e ‘La estrella errante’ de Alberto Gracia.

Pin It on Pinterest