Todas as colaboracións

A función das filmotecas

Beli Martínez dá conta da xornada ‘Filmotecas e patrimonio audiovisual’ que se desenvolven o luns no Consello da Cultura Galega. 

As pioneiras do audiovisual galego

Beli Martínez reivindica as directoras pioneiras do noso audiovisual. Cineastas como Pilar Sueiro, 
primeira muller en dirixir unha longametraxe en Galicia.

O entroido no cine documental galego

Beli Martínez repasa algunhas das gravacións que retratan o entroido galego das últimas décadas, do Deza e Laza pasando polas ribeiras do Miño. 

O cine non se detén

A nosa colaboradora do audiovisual, a produtora Beli Martínez, visítanos para contar e reflexionar sobre todas as novidades que protagonizan a primeira plana do cine de hoxe.

As opcións galegas nos Goya

Beli Martínez repasa as candidaturas galegas nesta 36ª edición dos premios Goya, que se entregan este sábado en Valencia. 

Cine galego en Clermont-Ferrand

Beli Martínez repasa a participación galega no festival de curtametraxes de Clermont-Ferrand, en Francia. Tamén nos explica en que consiste a produción executiva, unha das tarefas máis ocultas do audiovisual.

PequeFilmes e ‘Non somos nada’

Beli Martínez fálanos hoxe do festival de cine miúdo Pequefilmes que se desenvolve esta fin de semana na Cidade da Cultura e ofrece tamén proxeccións virtuais. E ademais, a estrea en salas do documental ‘No somos nada’ sobre Evaristo Páramos, o cantante do grupo punk La Polla Records, nacido en Galicia.

‘A poeta analfabeta’ chega ao Teatro Colón

O Teatro Colón da Coruña acolle o xoves 27 de xaneiro a proxección do documental ‘A poeta analfabeta’, un traballo dirixido por Sonia Méndez e producido por Nati Juncal sobre a figura da poeta e activista Luz Fandiño. Beli Martínez resúmenos a traxectoria de Sonia Méndez, tamén directora do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, actriz, realizadora de curtametraxes, webseries que actualmente prepara a súa primeira longa de ficción, ‘As neves’.

Cine no museo

Beli Martínez tráenos exemplos da presenza cada vez máis habitual do cine nos museos: a videocreación “Neuronas a ceo aberto” de Lucía Estévez e Estíbaliz Espinosa, que formaba parte da mostra A Galicia Futura ou as pezas audiovisuais de Alberte Branco, Adrián Canoura e Tono Mejuto na exposición Colmeiro. Cor e sentido que pode visitarse na Fundación Luís Seoane.

Fin de semana no Novos Cinemas

Beli Martínez debulla a programación de fin de semana do festival Novos Cinemas, cuxa sexta edición está desenvolvéndose en Pontevedra. Destaca o foco dedicado á cineasta María Pérez Sanz, a sección ‘Por primeira e última vez’ e mais a película de clausura, Espíritu Sagrado, de Chema García Ibarra. 

Pin It on Pinterest