Todas as colaboracións

A sinfonía que Beethoven adicou ao seu amigo e protector, o príncipe Lichnowsky

Achegámonos hoxe de novo a Beethoven para coñecer un pouco máis sobre a súa Sinfonía nº 2, dedicada a un bo amigo e protector, o príncipe Lichnowsky, e que foi estreada o 5 de abril de 1803 no Theater an der Wien baixo a batuta do propio autor.

Eran tempos en que a xordeira xa era patente, o que levara a Beethoven a un estado de total angustia. Pero en lugar de reflectir este estado na súa música, decidiu loitar contra o destino tan poderoso escribindo unha sinfonía que desprende enerxía, beleza e vitalidade.

Escoitaremos esta obra coa Real Filharmonía de Galicia este xoves 13 en Santiago no Auditorio de Galicia, ás 20:30, o venres en Vigo no Teatro Afundación ás 20h; e o sábado no Palacio da Ópera da Coruña tamén ás 20 h (ademais de Absolute Jest, de John Adams, co Cuarteto Quiroga de solistas, e de Masquerade, de Anna Clyne, que é estrea en España).

Tamén en Lugo poderemos gozar desta obra o sábado 15 ás 20 h no Círculo das Artes da man da Orquestra Sinfónica Vigo 430 dirixida por Rosanne Philippens, quen actuará ademais de solista de violín na outra obra que completa o programa, o Concerto para Violín e Orquestra en Re Maior, op.61, tamén de Beethoven, repetindo concerto en Vigo no Auditorio Martín Códax o domingo 16 ás 19 h.

A Irmandade da Música Galega e o seu labor de recuperación, difusión, e posta en valor do patrimonio musical galego

A Irmandade da Música Galega e o seu labor de recuperación, difusión, e posta en valor do patrimonio musical galego centran a colaboración de hoxe.

Coñeceremos algo máis a Prudencio Piñeiro e Manuel Martí, dous compositores quizais pouco coñecidos para o grande público, pero moi interesantes polo seu legado musical, que centran o concerto que esta asociación, xunto coa Real Academia Galega de Belas Artes, organiza este venres día 31 de xaneiro.

Será no salón de actos desta última institución ás 20h, e correrá a cargo dos mestres Margarita Viso e Javier Ares ao piano, e da mezzosoprano María José Ladra.

Continuamos celebrando o 250º aniversario do nacemento de Beethoven

Un luns máis, o noso especialista en música clásica, Luis Miguel Crespo, chega con novas recomendacións:

Continuamos coa celebración do 250 aniversario de L.v. Beethoven coñecendo un pouco máis a súa figura e as súas obras, e facémolo tendo como referencia os concertos desta semana da Real Filharmonía de Galicia, nos que a obra de Beethoven estará presente. Este xoves 23 no Auditorio de Galicia de Santiago e o venres 24 no Auditorio Afundación de Pontevedra, ás 20:30h, baixo a batuta da directora australiano-británica Jessica Cottis, a orquestra compostelá interpretará fragmentos do ballet As Criaturas de Prometeo de Beethoven, xunto coas Danzas Concertantes de Ígor Stravinski, e o Concerto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo, co afamado guitarrista vasco Enrike Solinís de solista.

As Criaturas de Prometeo é un ballet con música de Beethoven e coreografía de Salvatore Viganó, un dos máis famosos coreógrafos da época, director do Ballet de Viena. Trata o mito de Prometeo na descrición que Platón fai do mesmo no seu libro de xuventude Protágoras. É a única incursión de Beethoven na música para ballet, e nel podemos escoitar por primeira vez varios temas que logo volverá utilizar nas súas Sinfonías nº 1 e Sinfonía nº 3, ademais de noutras composicións. Serviulle tamén este ballet para canalizar unha idea que para el era fundamental na música: o seu carácter de socialización, de como a música serve para facer mellores aos seres humanos.

O Mesías de Häendel no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo

O Mesías de Häendel no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo. Unha achega aos Concertos participativos que se celebran esta semana en Compostela e unha guía para escoitar unha das composicións imprescindibles da historia da música.

A estrea da ópera galega ‘O loro de Carlos V’ no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo

O Teatro Colón e a compañía Favola in Musica producen esta ópera que se estrea o 5 de decembro con música e  libreto de Nani García que tamén nos acompaña na conversa.

Un tesouro galego: as Bandas

 

O XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares e o disco ‘El amor brujo’ que a Banda Artística de Merza edita co prestixioso selo europeo Baton Music na colaboración semanal de Luis Miguel Crespo.

 

‘O barbeiro de Sevilla’ e a súa historia, este domingo en Vigo

 

A historia da ópera O barbeiro de Sevilla e tamén da entidade de Amigos da Ópera de Vigo, na colaboración de Luis Miguel Crespo, que nos achega o que acontecerá este domingo no Teatro Afundación.

 

Marcial del Adalid no centro do primeiro Ciclo de Piano de Redondela

Marcial del Adalid no centro do primeiro Ciclo de Piano de Redondela. O Concello organiza o evento que nace coa idea de dedicar o seu programa a grandes compositores da música galega.
O noso colaborador Luis Miguel Crespo fálanos do compositor e coñecemos o ciclo co técnico de normalización lingüística Xurxo Martínez.

Comezan as tempadas da programación da Real FIlharmonía e a Orquestra Sinfónica de Galicia

 No ámbito da música clásica, os anos mídense polas programacións das orquestras, as tempadas líricas, programacións de teatros e auditorios… e estas adoitan comezar neste mes de setembro.

Luis Miguel Crespo achéganos ás programacións da RFG e da OSG que dan comezo estes días, e que nos traen un ano cargado de música da máis alta calidade con directores e solistas invitados de primeiro nivel, con estreas absolutas, e nas que tamén hai oco para compositores galegos como Andrés Gaos, Rogelio Groba, Juan Durán, Joam Trillo, Fernando Buide ou o xoven Hugo Gómez-Chao.

Arredor de ‘Don Giovanni’ na Temporada Lírica da Coruña

 

Arredor de ‘Don Giovanni’ na Temporada Lírica da Coruña. O noso colaborador Luis Miguel Crespo achéganos ao argumento, elenco e historia dunha ópera que a primeira vez que se representou en España foi, precisamente, na Coruña en 1798.

 

Pin It on Pinterest