Todas as colaboracións

Coñecemos os Festivais de Música Clásica

Luis Miguel Crespo achéganos as citas musicais do verán no mundo da música clásica con festivais, certames musicais, campamentos, ciclos de concertos… Coñeceremos  algúns deses exemplos de festivais de música clásica para ver como se estruturan, que aspectos contemplan , en que espazos se desenvolven ou  cal é a súa importancia.

Algúns dos festivais de máis renome son o ClasClás en Vilagarcía, o Festival Internacional Peregrinos Musicales en Santiago de Compostela, o Festival Bal y Gay en Foz, o Festival Son As Pontes, MindoMúsica en Modoñedo…

E ademais destes festivais, hai tamén moitas oportunidades de gozar da música clásica e formarse en campamentos que organizan as bandas de música e diferentes asociacións como o II Serán do Gaiás, adicado este ano ás Bandas de Música.

Melodías Galegas do s.XIX

Luís Miguel Crespo continúa a celebrar o Mes das Letras e fálanos de como a música e o texto en galego confluíron en multitude de ocasión, nacendo así algunhas das mellores composicións que deu a nosa música. Hoxe achéganos ao século XIX e as Melodías Galega.

Coñecemos a relación música-texto das cantigas do s.XIII

Luis Miguel Crespo celebra o ‘Mes das Letras’ achéganos a aquelas composicións que combinan música e letra, coñecendo un pouco máis como foi esta relación música-texto ao longo da historia da nosa lingua.
Comeza así pola lírica en lingua vernácula galego-portuguesa do s. XIII, representada polas Cantigas de Martín Códax, as Cantigas de Santa María, e as Cantigas de Don Dinís de Portugal. Uns cancioneiros que son fontes de información de incalculable valor que amosan a importancia que adquirira o galego–portugués como vehículo de expresión lírico de primeira orde, tendo tamén moita información sobre como era a música que acompañaba a eses textos.

Coñecemos a agrupación ‘Triloxía’

Programa especial de música clásica no que contamos co noso colaborador Luis Miguel Crespo para falar de “Triloxía”, un proxecto que nace da inquietude artística de tres agrupacións sinfónico-bandísticas veciñas: a Banda Municipal de Silleda, a Banda de Lalín, e a Banda Artística de Merza. E para coñecelo falamos cos seus directores;Rafa Agulló da Banda de Silleda, Santiago García da de Lalín, e David Fiuza da de Merza.

As tres agrupacións unen forzas para lanzar ó mercado cultural un proxecto en común: un concerto no que as tres bandas presenten un programa musical conxunto, relacionado e completo, no que cada unha das agrupacións interpreta un repertorio diferente, pero sempre conectado a un tema artístico sólido.

Esta Triloxía comezará o seu camiño o domingo 28 de abril de 2019, ás 17:00h no Auditorio da Semana Verde en Silleda, e farao coa Triloxía Romana do compositor italiano Ottorino Respighi.

Coñecendo a Marcial del Adalid

Luis Miguel Crespo achéganos hoxe á figura dun dos compositores galegos máis importantes
no eido da música clásica, que viviu na época coñecida como o Romanticismo musical, e
que foi o que iniciou a chamada “melodía galega” na segunda metade do s. XIX. Falamos de Marcial del Adalid, nado na Coruña no ano 1826.

Marzo de música clásica femenina

Luis Miguel Crespo fala do papel das mulleres na música clásica pondo o foco en España e en Galicia. María Rodrigo é un dos moitos nomes femeninos da música clásica que, pola súa condición de muller, non trascenderon en épocas pasadas. Agora estase a recuperar a obra desta gran compositora e pianista nada en Madrid en 1888.

E en Galicia Luis Miguel Crespo destaca a figura da compostelán Eugenia Osterberger.

As grandes mulleres da música clásica

Luis Miguel Crespo achéganos a música clásica a través do traballo de grandes mulleres compositoras.

A intelixencia artificial e Schubert

Falamos de música clásica con Miguel Crespo e de como Huawei completou cun teléfono móbil a Sinfonía nº8 de Schubert.

O ciclo “Enclave de cámara” chega a Ourense

Dende outubro desenvólvese na cidade das burgas un ciclo que trae ás figuras máis destacadas dentro do mundo da música clásica. Xa vai na súa quinta edición e é un referente no que á música de cámara se refire. Coñecemos mellor este mundo co noso colaborador de música clásica Luis Miguel Crespo.

A Real Filharmonía de Galicia dará un concerto este xoves na Cidade da Cultura

Luis Miguel Crespo, colaborador de música clásica, fálanos sobre o concerto que levará por título “Os camiños de Castela”.

Pin It on Pinterest