Todas as colaboracións

‘Pecados veniais’, dos que si se poden cometer

Dolores Vilavedra propón esta semana sermos un pouco pecadoras, pero nada grave. Con ela lemos ‘Pecados veniais’ (Xerais), o segundo libro da comunicadora Nazaret López, unha novela de relatos corais protagonizados por mulleres.

Falamos de ensaio: ‘Maternidades virtuosas’ de María do Cebreiro

Dolores Vilavedra fala esta semana de ensaio a propósito da nova obra de María do Cebreiro, ‘Maternidades virtuosas’ (Galaxia).

No rural pasan cousas

Dolores Vilavedra fálanos esta semana de ‘A agonía das folerpas’ (Galaxia), o libro co que Óscar Reboiras Loureiro gañou o II Premio de Novela Galicia Rural.

“Unha novela de intriga pero que tamén se constitúe nunha reivindicación do dereito a sermos diferentes. Unha narración que pon o foco na vida dunha pequena comunidade rural onde semella que nunca pasa nada…Pero xa se sabe que as aparencias enganan.”

Preguntámonos con Lorena López sobre as narradoras: aínda invisibles?

Dolores Vilavedra comenta hoxe o libro ‘Ainda invisiveis’ de Lorena López en Através Editora. A poeta reflexiona neste ensaio sobre os “puntos cegos” no proceso de recepción das obras de catro narradoras contemporáneas: Margarita Ledo, Patricia Janeiro, Cris Pavón e Teresa Moure.

Unha reivindicación das vidas anodinas

Vidas anodinas como a de William Stoner, protagonista de ‘Stoner’ (Rinoceronte), a novela de John Williams que nos presenta esta semana Dolores Vilavedra: “Unha clásica novela de personaxe, de factura impecable, que afonda na vida interior dun personaxe en apariencia anodino. Unha historia engaiolante sobre o sentido da vida e o poder do coñecemento como motor do noso existir.”

 

A materialidade da poesía de Yolanda Castaño

Un novo poemario de Yolanda Castaño nunca defrauda, e menos nesta ocasión: unha voz destemida e honesta que transita polos vieiros da memoria pero que tamén nos sitúa ante algunhas das cuestións fundamentais que moitas mulleres se ven -nos vemos- aínda obrigadas a respostar  na nosa construcción como suxeitos.  

‘Ninguén queda’, a primeira novela de Brais Lamela

Dolores Vilavedra segue á procura de novas noves da literatura, que desta volta pasan por Brais Lamela e a súa ‘Ninguén queda’: “unha narración orixinal e mestiza, tecida cos vimbios da memoria, da (auto)ficción e do ensaio, na que resoan as voces asulagadas polas enxurradas da Historia”.

10.000 millas de andar na bici

Dolores Vilavedra analiza no Diario Cultural o libro de Xabier Cid, ‘10000 millas de andar na bici’, publicado por Xerais. “Un libro que beirea os límites dos xéneros convencionais e que, baixo unha aparente sinxeleza, nos interpela no existencial”.

‘Cornucopia’, a estrea literaria de Raul M. Santos

En 2021, un literariamente descoñecido Raúl M. Santos gañaba o Premio Torrente Ballester de narrativa coa novela Cornucopia (Galaxia), un texto que nos engaiola pola súa frescura e que fai da ironía unha ferramenta de provocación que nos anima a saír da nosa ‘zona de confort’ lectora.

Un comentario de Dolores Vilavedra no Diario Cultural.

 

 

Pin It on Pinterest