A Fundación Universidade da Coruña fomenta o patrimonio dos camiños do mar a Santiago con dous eventos participativos. Hoxe en Noia e mañá en Boiro. Será un Punto de Participación Móbil, onde convidan aos veciños a conversar sobre o pasado e o futuro do seu patrimonio marítimo. O telón de fondo é o Ano Xacobeo e a Traslatio dos restos do Apóstolo por vía marítima.
Falamos con Ana Isabel Rodríguez Martínez.