Estrea o 15 de abril de ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego. Unha peza dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez, sostida na improvisación dun elenco formado por Mabel Rivera, Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’.
A peza ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.