Begoña Vázquez de Sala 5 pasa polo Diario Cultural para comentar o mellor e o peor desta gala dos Oscar pandémica:
A gran noite do cine de Hollywood celebrou a súa gala en ‘petit comité’, con presencialidade pero renunciando ao gran espectáculo que supoñen os Oscar cada ano.
A gañadora da noite foi a película ‘Nomadland’, da directora Chloé Zhao e protagonizada por Frances McDormand, tamén gañadoras de Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista.
Polo demais, unha gala sen moita emoción, celebrada nunha pequena sala de concertos, que recordaba máis aos Globos de Ouro.