O primeiro que sorprende de Historia do Cómic en Galicia (Editorial Galaxia) é o ampla que é esa historia. Comeza a mediados do século XIX, pasa por autores fundamentais como Castelao, Xaquín Marín ou Miguelanxo Prado; e lévanos ata o presente e futuro da nosa banda deseñada, ese tempo novo que representan David Rubín ou Emma Ríos. Pero máis alá de nomes propios, o noso cómic é todo un fenómeno con recoñecemento internacional, con ese escaparate esencial que é Viñetas desde o Atlántico.
Como é o cómic galego? Preguntámosllo ao autor, Octavio Beares.