O presidente da Academia Galega do Audiovisual recorda ao director de cine de terror Amando de Ossorio, xusto cando se cumpre o centenario do seu nacemento.
Relata deste director coruñés como exercía o seu traballo con paixón co único obxectivo de impresionar e público e conta a anécdota de que, para facerse coñecido, pagaba a un camareiro do Café Gijón para que dixese en voz alta “señor Amando de Ossorio, ao teléfono”.
Carlos Ares tamén fai balance do Festival de Cine Fantástico da Coruña e relaciónao co Samaín.