Emilio Españadero

Colaborador de folk.
Ex-compoñente do colectivo de música tradicional “O Son Da Terra” e da banda de gaitas “Os Rexumeiros”. Encargado entre os anos 1992 e 2001 do pub “A Cova Folk”. Membro da organización das “Noites Celtas” na Coruña. Membro do xurado en distintas edicións do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e do Concurso Internacional de Folk “Cuarto Los Valles” en Navelgas (Asturias). Autor durante varios anos da páxina “Feitizo De Sons” no suplemento dominical do xornal Galicia Hoxe. Director e presentador do programa radiofónico Lume Na Palleira desde 1992 ata a actualidade.

Maianas presenta o disco ‘De Trisca!’

Comezamos a colaboración de hoxe con Emilio Españadero ao son de Maianas, que o vindeiro domingo presentarán en Lume na palleira o seu novo disco, De trisca!.

A continuación ofrecemos algunhas mostras de música de raíz galega chegadas desde lugares tan dispares como Alemaña (Sangre de Muérdago), Madrid (Suburbano) e Portugal (Gaiteiros de Lisboa e Companhia Do Canto Popular).

Pin It on Pinterest