Destacados

A morte como unha ‘Longa viaxe’

‘Longa viaxe’ é a obra coa que Manuel Broz participa no certame da London Art Biennale e na que reflexiona sobre a morte. A obra, que representa unha figura abrindo unha porta ao máis alá, foi elaborada no seu obradoiro de Begonte. 

Andamos aos biosbardos

Charo Pita publica ‘Andar aos biosbardos. Contos baixo o freixo engurrado’ na editoria Galaxia e con ilustración de Dani Padrón. 

Luis Ferreiro Peinó, unha vida tallando

Cúmprense 100 anos do nacemento do escultor Luis Ferreiro Peinó. O seu fillo Xoán Luis Ferreiro e o neto Brais Ferreiro presentan no Diario Cultural unha nova páxina web para celebrar e reivindicar a súa figura.

Instruccións para matar a un oso

Instruccións para matar a un oso é o novo libro de relatos de Suso Bahamonde. O escritor confesa que a nivel galego, o seu referente neste campo de Xosé Luís Méndez Ferrín

Perdoamos a Grande Amore por ser tan sexi

Grande Amore xa é unha realidade tanxible no panorama musical galego. O alter ego de Nuno Pico afianza o seu proxecto musical con este novo tema, ‘Perdoa por ser tan sexi’.

Elefante Elegante estrea ‘Cubo’

Os dous protagonistas de ‘Cubo’ viven nun espazo moi pequeno pero confortable e terán que decidir se paga a pena renunciar á comodidade para descubrir o mundo. Un espectáculo para público familiar inspirado polo confinamento sobre o que conversamos con María Torres e Gonçalo Guerreiro, 
responsables da compañía Elefante Elegante.

Paixóns barrocas e clásicos da clásica

A música clásica vai volvendo aos teatros, malia as restricións sanitarias. Conversamos con Fernando Briones, director da orquestra Gaos, e coa soprano Raquel Andueza, do grupo de música barroca La Galanía, as dúas agrupacións que inauguran o Festival de Música Cidade de Lugo-Semana de Música do Corpus.

‘Coidadora’, de María Marco, gañadora do premio Xerais de novela

‘Coidadora’, de María Marco é gañadora do premio Xerais de novela, un dos premios literarios máis importantes en lingua galega

‘A casa da Troia’ máis universal

‘A casa da Troia’, a novela de Alejandro Pérez Lugín, é unha referencia da vida universitaria na cidade de Compostela. Escrita orixinalmente en castelán, agora poderemos lela por primeira vez en galego coa tradución de Mercedes Pacheco. Os lectores máis internacionais contarán tamén coa tradución ao italiano e danés. 

Compostela Filmada, a web que recolle a relación de Santiago co cine

Compostela Filmada, unha inciativa que ten como obxectivo dar a coñecer a intensa vinculación do Concello de Santiago co mundo do cinema. Este proxecto está coordinado por Óscar Senra.

Pin It on Pinterest