Destacados

O nunca visto da arte galega

Sara Donoso presenta esta nova proposta da Fundación Luis Seoane. ‘O nunca visto’ da arte galega son eses proxectos que quedaron na mente dos seus artistas, pero que merecen ser sacados á luz.

Ese patrimonio oculto da arte contemporánea galega, que comezamos a coñecer este xoves coa artista Mónica Mura. 

A biblioteca das madeiras do mundo

Agustín Bastón presenta unha nova edición da súa ‘Biblioteca das madeiras do mundo’, libros feitos con madeira inusuais de todo o planeta. Unha colección que medra ano a ano. 

Unha ollada de saudade sobre Andrés do Barro dende Ferrolterra

O centro cultural Torrente Ballester estreou o pasado fin de semana a exposición Andrés do Barro: Pop, saudade e memoria. Unha ollada dende Ferrolterra. A mostra inclue a súa discografía orixinal e versións realizadas sobre ela, fotografías das suas primeiras actuacións e cancioneiros publicitarios coa súa obra.

O Castelao grafista

Chega á sala de exposicións Afundacion de Ourense a mostra ‘Castelao grafista’, que reúne os mellores debuxos do polifacético intelectual de Rianxo. 

 

Broa presentan ‘Cucú’

A banda de Cerceda Broa presenta o seu disco ‘Cucú’.

Collemos ‘Aire!’

Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño son o dúa Caamaño & Ameixeiras. Violín e acordeón que están presentando o seu primeiro traballo discográfico: ‘Aire!’. 

Programa ‘Diario Cultural especial das Letras’

Programa completo ‘Diario cultural especial das Letras’, en que se recuperan do arquivo da Radio Galega dúas entrevistas realizadas no seu día á poeta, sobre os libros ‘Intempériome’ e ‘Darío a diario’. Así mesmo, escoitamos a persoas expertas e amigas de Xela Arias e os poemas na súa propia voz. 

Premios Follas Novas do libro galego

Celebramos a última colleita da literatura galega, recoñecida na sexta edición dos premios Follas Novas que conceden a Federación de Librarías,a AELG e a Asociación de Editoras. Conversamos sobre literatura e memoria con dous dos galardoados: Suso de Toro, autor de Un señorelegante, premio Follas Novas de Narrativa, e Eva Mejuto, autora de As lavandeiras de San Simón, premio á mellor iniciativa bibliográfica e integrante do equipo do Salón do Libro de Pontevedra, premio ao fomento da lectura.

Conversas sobre Xela Arias: pegadas

As escritoras Yolanda Castaño e Olga Novo falan sobre a influencia de Xela Arias nelas propias e na poesía galega dos 90. 

Conversas sobre Xela Arias: A traxectoria vital

Falamos con dúas mulleres que coñeceron moi ben a Xela Arias dende pequena: María Xosé Queizán e Camiño Noia.

Pin It on Pinterest