Destacados

Conversas sobre Xela Arias: A palabra das amizades poéticas

Seguimos a nosa serie de conversas para coñecer a Xela Arias dende diversos enfoques. Hoxe falamos con Susana Trigo e Marga Romero, dúas poetas da súa xeración coas que tivo lazos.

Especial Centenario de Emilia Pardo Bazán

Programa do Diario Cultural dedicado a Emilia Pardo Bazán no centenario do seu falecemento. 

‘El peregrino y otras historias de Compostela’, 10 contos e 3 novelas curtas de Pardo Bazán inspirados en Santiago. José Manuel González Herrán, catedrático de literatura española e un dos maiores expertos na obra da Condesa. 

As cartas entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós, con Ermitas Penas Varela, catedrática de literatura española e especializada en Pardo Bazán e Galdós.

Conversas sobre Xela Arias: Converxencia de artes

Seguimos falando sobre a figura de Xela Arias. Nesta ocasión, sobre a converxencia da súa obra con outras artes. Falamos con Fernando Abreu e Xulio Gil

Conversas sobre Xela Arias: a poeta como miradoiro

A poesía de Xela Arias. María Xesús Nogueira e Helena González son lectoras expertas da obra poética de Xela Arias. E as protagonistas desta nova conversa. 

Conversas sobre Xela Arias: A ollada do máis íntimo

Seguimos coa rolda de conversas sobre a figura de Xela Arias, conmemorada no día das letras galegas 2021. Nesta ocasión quixemos achegarnos ata o máis íntimo e conversamos coa súa familia. En concreto coa súa nai, Amparo Castaño, e o seu fillo, Darío Gil.

Conversas sobre Xela Arias: Víctor Freixanes e Marilar Aleixandre

Reunimos a personalidades da culltura para conversar e debater arredor da vida e obra de Xela Arias. 

Neste primeiro avance cara o Día das Letras, xuntamos a dous académicos da lingua como Víctor Freixanes e Marilar Aleixandre. 

Como é un relato escrito entre 10 persoas?

Dez escritores e escritoras vigueses unen as súas plumas nun relato que transcurre en Vigo, a cidade olívica: “Cadaver exquisito” é o título da historia.

A historia de María Soliña, en ópera

A ópera en galego sobre María Solinha estréase en Cangas. 

Arantza Portabales: “Temos que reivindicar o egoísmo”

Arantza Portabales presenta a súa agardada novela ‘A vida secreta de Ursula Bars’.

25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte

No bar Macondo de Cee naceu en 1996 o Batallón Literario da Costa da Morte. Os seus fundadores foron Miro Villar, Federico L. Santalla, Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus. 

Os seus recitais polos diversos concellos da Costa da Morte lograron levar a poesía á rúa, con protagonismo para o mar e a súa forma de vida. 

Este 2021 cumpren 25 anos de historia, e no ‘Diario Cultural’ celebrámolo con Modesto Fraga.

Pin It on Pinterest