‘Mallou’: A unión musical de Sabela Rey e Benxamín Vázquez
‘Mallou’: A unión musical de Sabela Rey e Benxamín Vázquez
‘Mallou’: A unión musical de Sabela Rey e Benxamín Vázquez
‘A arañeira’ de Joseph Roth é publicada en galego pola editoria Irmás Cartoné. Falamos co seu traductor David Álvarez.
Medulia Editorial publica a 1º tradución ao galego da obra de Neruda, “Vinte poemas de amor e unha canción desesperada”, nun traballo de María Rey, con ilustracións de Isabel Pintado e prólogo de Edmundo Moure.
Luís Miguel Fernández, profesor emérito de Literatura Española na USC publica unha investigación que relaciona a Carmen Martín Gaite, Rosalía de Castro e Alejandro López Lugín.
Esperado regreso da banda viguesa Os Resentidos, capitaneada por Antón Reixa, que veñen de presentar o seu novo disco, ‘Organización Nautilus’.
Victor Freixanes é reelixido presidente da Real Academia Galega tras comezar os seu mandato no ano 2017.
Begoña Vázquez de Sala 5 pasa polo Diario Cultural para comentar o mellor e o peor desta gala dos Oscar pandémica:
A gran noite do cine de Hollywood celebrou a súa gala en ‘petit comité’, con presencialidade pero renunciando ao gran espectáculo que supoñen os Oscar cada ano.
A gañadora da noite foi a película ‘Nomadland’, da directora Chloé Zhao e protagonizada por Frances McDormand, tamén gañadoras de Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista.
Polo demais, unha gala sen moita emoción, celebrada nunha pequena sala de concertos, que recordaba máis aos Globos de Ouro.
Baobab Teatro estrea o domingo 25 de abril “Ás para Álex” no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 12.30h. Está pensada para público con crianzas a partir de 5 anos.
Noelia Bascuas é a directora da Biblioteca de Galicia. Para este Día do Libro coordina a actividade ’10 anos, 10 autores, 10 libros’.
Inmaculada Otero Varela é crítica literaria: “Para min todos os días son o Día do Libro”.
Xunto con outros críticos, puxeron en marcha hai case 10 anos o espazo “A Tabela dos Libros“, con recomendacións mensuais das mellores lecturas en galego.
Vimos que a sociedade demandaba estas recomendacións. Moitas veces non lemos porque non sabemos que escoller. Eu tamén tomo nota das críticas dos meus compañeiros.