Así se está a preparar o Día de Rosalía
Xa está todo preparado para o día de Rosalía de Castro.
Xa está todo preparado para o día de Rosalía de Castro.
Rinoceronte Editora publica a tradución ao galego das ‘Adiviñas medievais de Exeter’.
‘ARCHIMÉTRICA’ de José Luis Serzo chega a Santiago nunha exposición conxunta das galerías Trinte e Metro. ‘Archimétrica, historia dun continuo renacer’ é unha curtametraxe premiada en festivais internacionais que explora a combinación do audiovisual con técnicas pictóricas e as vangardas como o dadaísmo ou o constructivismo.
Na exposición conxunta poderemos ver a curta e todos os materiais e obras nos que se inspirou e forman o universo creativo do autor.
E se o Armadiña rock fóra un cómic? Esa é a pregunta que se deberon facer Fernando Llor e Pablo Pado, responsables de ‘O último festi’.
Os artistas do momento
Rubén Riós presenta o seu novo proxecto ‘Arrieiros Somos” tras o éxito de ‘Camiñantes do noso’.
Logo dos aprazamentos pola pandemia e o temporal, Luar na Lubre volve ao camiño coa xira de presentarios de ‘Vieiras e vieiros‘.
Falamos con Bieito Romero.
Pablo Fernández Barba presenta o seu libro ‘O día que lle puxen lume á libraría de vello’.
A exposición ‘Vestir Épocas 1860-1960’ do Museo de Belas Artes da Coruña pódese visitar agora de maneira virtual. Román Padín explícanos a excepcionalidade desta colección González-Moro.
‘O Pacto do Letargo‘, de Miguelanxo Prado, e deseñado por Kiko da Silva en Retranca Editora, foi seleccionado Premio Paraugas ao Mellor Libro Editado nos V Premios do Clúster da Comunicación de Galicia.