Destacados

Recoñecemento para a arquitectura sostible

O complexo turístico de Albeida, na Serra de Outes, obra dos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, é Premio de Arquitectura 2020. Un recoñecemento outorgado polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. O seu principal valor é a sostenibilidade e o respecto polo entorno. 

Mujer Art Magazine

Nace en Compostela a revista dixital “Mujer Art Magazine”, que ten como base ás mulleres, a arte e a historia. Está dispoñible de forma gratuita na súa páxina web. 

Narci Rodríguez: “Este é o noso disco máis coral”

Narci Rodríguez dA Trio presentan o seu disco ‘Inmersión no baleiro cuántico’.

Chelo Loureiro, a polo Oscar con ‘Carne’

A produtora galega Chelo Loureiro entra na carreira polos Oscar e os Goya coa cortometraxe ‘Carne’, da directora Camila Kater. Ademais, está preparando a súa primeira película como directora. 

En recordo de Xosé Manuel Pazos Varela

Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas, morreu este 25 de xaneiro. Dramaturgo e gran impulsor do teatro da súa vila. Recordamos a súa figura no Diario Cultural

AMEIS loita pola igualdade nas letras

AMEIS, a Asociación de Mujeres Escritoras e Ilustradoras, loita pola igualdade nas letras e a representación da muller nas mesmas.

Abe Rábade: “Todo sistema de traballo ten que tender ao caos”

Falamos co pianista Abe Rábade, que leva décadas traballando na escena galega. Coa súa formación Abe Rábade Trío ten novo disco: “A sorte”.

Heródoto, o primeiro historiador, agora en galego

Raul Gómez Pato traduce ao galego, a través da editorial Rinoceronte as ‘Historias I e II’ de Herodoto, o historiador grego. 

As ‘Historias’ de Heródoto constitúen a primeira organización intencionadamente racional e con ánimo de perdurar no tempo dunha obra histórica, para evitar que as grandes fazañas humanas queden relegadas ao esquecemento.

A ‘Nana dos soños’ dos Ancestros

A Agrupación Musical Ancestros presenta o novo videocli: ‘Nana dos Soños’. 

Manuel Bragado: “Hai que dinamizar este ano de Xela Arias”

Manuel Bragado coñeceu en vida a Xela Arias, á poeta a que se lle dedica neste 2021 o Día das Letras Galegas. 

Pin It on Pinterest