Destacados

Guitarras de jazz con Rubén Reinaldo e Kely García

Presentamos o primeiro álbum conceptual do dúo de guitarras Rubén Reinaldo e Kely García, ‘Acuarel’.

O Centro Dramático Galego estrea ‘O charco de Ulises’

O Centro Dramático Galego, estrea hoxe a peza “O charco de Ulises” no Salón Teatro. Estará dispoñible do 14 ao 31 de xaneiro.

A estrea de Sofía Oriana Infante con ‘Gratulantes’

A Real Filharmonía estrea este xoves ás 20:30h a obra ‘Gratulantes’, da compositora compostelá Sofía Oriana Infante, que está inspirada no Xacobeo e o Códice Calixtino. 

Poderase escoitar tamén por primeira vez en España ‘Dar, with excessive bright’, da neoiorquina Missy Mazzoly. 

Unha forma nova de ollar a Luís Seoane

Ata o 4 de febreiro, poderá verse na Fundación Luís Seoane a exposición ‘Modernidades diverxentes’. Por en relación a Seoane coa revista arxentina Ver e Estimar.

Blues do país por Turnes&Casquero

Javier Turnes e Alejandro Casquero forman o dúo Turnes & Casquero, blues do país feito en Galicia, e están presentando o seu novo traballo, ‘Fidelio 85’.

Síntome nu escoitando a nosa música; é un traballo totalmente sincero.

O CGAC organiza obradoiros de arquitectura para nenos

O CGAC organiza obradoiros de arquitectura para nenos que por mor da pandemia deben realizarse dun xeito online.

Unha viaxe de 800 anos con Afonso X

Hai 800 anos nacía en Toledo unha das figuras máis relevantes da cultura europea e, particularmente, das letras hispánicas do seu tempo: Afonso X. Sobre esta figura afonda “Afonso X e Galicia”, o último proxecto expositivo do Consello da Cultura Galega, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e a Universidade de Santiago de Compostela. A mostra inaugúrase hoxe na Igrexa da Universidade de Santiago. 

Falamos con Dolores Vilavedra, secretaria do CCG e membro do comité da exposición. 

Dualy: “Os rapeiros defenden os dereitos por enriba de todo”

O produtor pontevedrés Dualy foi elixido por unha revista especializada internacional como o mellor no seu campo no ano 2020.

Os cambios que veñen na Asociación Galega de Editoras

Xosé Ballesteros deixa o cargo de presidente da Asociación Galega de Editoras, e será substituído por Henrique Alvarellos. Con eles, falamos da saúde do libro en galego, e dos cambios que veñen para o sector e a propia Asociación.

‘De portas a dentro’

Que fixeron os adelescentes galegos durante o confinamento? Non sabemos que fixeron todos os adolescentes, pero si o alumnado de Estíbaliz Veiga, que agora presentan ‘De portas para a dentro’, unha peza audiovisual sobre a súa experiencia. 

Pin It on Pinterest