Destacados

Torneiro, piar da poesía

‘Clave de bóveda’ é o título do último poemario de Manuel Álvarez Torneiro, publicado por Kalandraka de xeito póstumo. 

Falamos sobre esta obra coa súa editora, Teresa Seara, que ademais foi a encargada de escribir o limiar co que abre este poemario. 

‘Noventa Millas’ para gozar da música de Fernando Abreu

O clarinetista Fernando Abreu, inspirado por unha praia de Nova Zelanda, presenta o seu último traballo musical, acompañado do pianista Alberto Vilas. ‘Ninety Miles’, ou noventa millas, é o adianto do seu primeiro disco, ‘C ALMA’. 

Héctor Pose e Héctor Francesch dánlle vida ás súas ‘lascas’

O escritor Héctor Pose e o ilustrador Héctor Francesch presentan ‘Lascas’, unha baralla de cartas que conforman un microcosmos literario editado por Estraperlo. 

A música tradicional máis “molona”

Xa non hai entradas para o concerto desta tarde de Uxía Lambona e a Banda Molona na Cidade da Cultura. Un éxito rotundo para un proxecto musical que aposta por achegar o cancioneiro tradicional aos máis pequenos. 

A música coa que caerá a Porta Santa

Juan Durán é o responsable da música que soará esta tarde na cerimonia de apertura da Porta Santa na Catedral de Compostela. 

ComPOPstela: así soaba a cidade para Alfonso Espiño

Alfonso Espiño, colaborador da Radio Galega, é un dos maiores expertos en música de Galicia. Boa fé disto é o seu traballo ‘Compopstela’, onde fai un repaso por aquilo que soaba en Santiago entre 1954 e 1978. 

A cultura faise tamén nun salón de tatuaxes

Imaxinades asistir a un concerto nun estudio de tatuaxes? Ou visitar unha exposición de pintura, fotografía, escultura…? Ou intercambiar lecturas? 

No salón Calipso Tattoo da Coruña pensan que pode ser un escenario ideal para a cultura, e por iso dedican parte do seu espazo a promover a cultura. 

Por que precisamos das salas de música en directo?

A sala de concertos Mardi Gras da Coruña lidera a resistencia do músico ao vivo. Diversas son as súas iniciativas para intentar salvar ao sector da música en directo en toda Galicia. 

O neno que leva dentro Xabier Vizcaíno

O cantautor galego Xabier Vizcaíno presenta o seu último traballo, un libro-cd que nos leva directamente ás súas orixes: ‘Neno de monte’.

Compartindo historias de Nadal

Esta tarde hai Panxoliñas e Axóuxeres de Nadal na Cidade da Cultura da man e voz de Soledad Felloza, acompañada pola música do Ensemble ConcertArt.

Pin It on Pinterest