Destacados

O Cineclube Padre Feijoo celebra o seu 50 aniversario

Cincuenta anos desde o inicio de todo na escola de maxisterio Padre Feijoo e cincuenta filmes para festexar medio século de existencia. Así celebran no Cineclube Padre Feijoo o seu 50 aniversario.
A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome; o Cineclube Padre Feijoo, herdeiro da tradición cineclubista na cidade.

O músico e compositor Lucas Rey Ramos gaña o Concurso Internacional de Composição da Póvoa de Varzim

O compositor galego Lucas Rei Ramos venceu o Concurso Internacional de Composição da Póvoa de Varzim, competición que premia ós compositores nacidos despois de 1985

Alfonso Becerra de Becerreá recibe o Premio FETEGA 2020

O Festival de Teatro Galego (FETEGA) presenta o programa da súa 31ª edición que se desenvolverá no Carballió do 23 ao 26 de setembro
Oito espectáculos e un abano de actividades, entre as que se atopa a animación de rúa e dúas mesas redondas sobre igualdade, configuran o cartel deste 2020.
Amais, esta edición tamén estará marcada por dúas novidades: A Escola do Espectador do Teatro Galego e a lectura dramatizada internacional de “A farsa das zocas”, obra de Carvalho Calero.
O festival abrirase con “Clausura do amor”, unha co-produción da compañía Cámara Negra co Centro Dramático Galego; e pecharase coa entrega do Premio de Honra a Afonso Becerra de Becerreá no Auditorio Municipal.

Antón Reixa innova na literatura da realidade-absurdo coa súa obra “Melancoholemia. Vida de Mamarracho”.

Poesía escénica, performace, spoken word, videopoesía, Melancoholemia explora terreos híbridos, no cruzamento entre música, dramaturxia e cinema. Neles sucede a historia dunha persoa que carece de forma de ser. Unha obra, “Melancoholemia”, que pescuda no mundo e no absurdo, fillo este da nosa propia actualidade.

Entrevista a Aline Frazão, gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010

Hoxe conversamos coa gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010, Aline Frazao, coa canción María Silencio -e a banda A Miña Embala, xunto con César Harraz-. Mañá remata o prazo de presentación de cancións para o concurso, para o que xa hai máis de 40 propostas. 

Zeta | Episodio 1

Estrea dun novo espazo dedicado á xuventude, no Diario Cultural

Publícase ‘A tropa contra o virus’, do ilustrador Gogue

Publícase ‘A tropa contra o virus’, do ilustrador Gogue. Nesta edición do Diario Cultural falamos con el sobre os seus proxectos e soños.

Carlos Lorenzo e Baldo Ramos publican ‘No interior do abandono’

Carlos Lorenzo e Baldo Ramos publican ‘No interior do abandono’, un proxecto multimedia que analiza a Galicia máis rural, a súa realidade e futuro.

“No interior do abandono atopei o paso do tempo, nun espazo onde están as nosas raíces”, reflexiona Carlos Lorenzo nas ondas do Diario Cultural.

 

Pin It on Pinterest