Destacados

Jorge Llorca presenta a súa novela “O Anxo de Durero”, Premio Vicente Risco de Creación Literaria

Jorge Llorca presenta a súa novela “O Anxo de Durero”, Premio Vicente Risco de Creación Literaria. Unha novela cuxo título non podería ser máis artístico e que de vez, os apaixoados da arte e da historia da arte gozarán máis incluso do que os lectores menos sabidos no campo. E é que Llorca publica unha obra que leva ó lector á curiosidade por pescudar, por averiguar a obra e historia de cada artista nomeado no libro.

Festival de Teatro Clásico de Lugo por un positivo no elenco actoral

O Festival de Teatro Clásico de Lugo viuse obrigado a suspender a función de “Macbeth o ruído e a furia”, prevista para mañá sábado, por un positivo no elenco actoral.

A mostra La Ribot estrea dentro do Plataforma no CGAC

Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.

A XXVI edición d’O Escritor na súa Terra, impulsado pola AELG rende homenaxe en vida a Vítor Vaqueiro

A XXVI edición d’O Escritor na súa Terra, impulsado pola AELG rende homenaxe en vida a Vítor Vaqueiro este sábado en Santiago de Compostela coa entrega do galardón Letra E de escritor, peza escultórica de Soledad Penalta nun acto no Pazo de Raxoi ás 12:30; e a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo no Parque de Galeras

O MARCO de Vigo acolle a mostra ‘Seda de cabalo’ de Manuel Vilariño

O MARCO de Vigo acolle a mostra ‘Seda de cabalo’ de Manuel Vilariño. Unha retrospectiva que reúne as poéticas obras do artista. 

Froitas, candelas, animais nos que intensifica as texturas, resalta as cores e traslada ao espectador unha visión onírica. Naturalezas mortas e bodegóns reiterpretados desde a melancolía. 

A adaptación teatral de Fariña abrirá a temporada de teatro en Madrid nas Naves del Español

Despois do seu éxito en Galicia, a adaptación teatral de Fariña chegará a un dos espazos de máis sona de Madrid. O concello madrileño presentou onte a programación do Teatro Español e as Naves del Español en Matadero, os centros de referencia na cidade.

A adaptación da obra de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia será un dos primeiros títulos neste reencontro dos espectadores co teatro logo da parálise provocada pola crise sanitaria.

O Consello da Cultura Galega pon en rede unha parte do epistolario de Virxinia Pereira

O Consello da Cultura Galega deita na rede o epistolario cruzado entre Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969) e Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987). Son 28 cartas que intercambiaron entre 1951 e 1967, nas que se achega información relevante para entender os conflitos xurídicos pola herdanza de Castelao. 

Estas cartas, dixitalizadas e transcritas do fondo Valentín Paz-Andrade inclúen tamén 15 misivas con outros correspondentes: José Ortega Spottorno, Alfonso Fidalgo-Pereira, Clemencia Pereira Renda e Pilar Rodríguez de Prada.

O epistolario complétase cunha reportaxe contextualizadora de Culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do CCG e un artigo asinado por Miguel Anxo Seixas Seoane que analiza a relación entre Virxinia e Castelao.

 

Nace Afouteza: unha nova asociación cultural na cidade da Coruña

Nada na cidade herculina e fundada por un conxunto de membros que non sobrepasan a trintena de idade, cunha vontade de renovación do ciclo cultural galego e coruñés. Entre os seus principais obxectivos, din os seus fundadores, están reunir ao conxunto da comunidade cultural e procurar novas formas de producir arte. Falamos cun dos seus fundadores. 

A Galería Vilaseco inaugura a exposición colectiva ‘O Pronunciamento’

O pronunciamento parte dunha noticia aparecida o 13 de deceembro de 1857 no diario El País Diario de Pontevedra a propósito dos disturbios que tiveran  lugar o día 7 daquel mesmo mes na Fábrica de Tabacos d’A Palloza (A Coruña).

Trátase dunha mostra colectiva con obra de Carla Souto,  Carme Nogueira, Diego Santomé, Jorge Varela, Mar Ramón y Rodríguez-Méndez, comisariada por Ángel Calvo Ulloa.

 

Cámara Negra estrea ‘Clausura do amor’ no Salón Teatro

A compañía Cámara Negra en coprodución co Centro Dramático Galego estrea ‘Clausura do amor’, o emblemático texto do francés Pascal Rambert, baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e con Teté García e Xosé Esperante como protagonistas. As funcións serán hoxe, mañá venres 18 e o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18 horas.


 

Pin It on Pinterest