Destacados

Camiño Escena Norte tece unha ponte cultural a través das rutas xacobeas

Camiño Escena Norte está de volta para unha segunda edición que pretende consolidar unha iniciativa pioneira de intercambio cultural e escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi

O proxecto bota a andar o vindeiro 13 de setembro en Compostela para rematar tamén alí o 11 de outubro, con 8 funcións e 6 espectáculos chegados doutras autonomías. 

A compañía vasca Kulanka Teatro será a encargada de abrir a programación en Galicia coa obra “Quitamiedos”, de Iñaki Ricarte. 

E namentres en Galicia poderemos ver estes espectáculos astures, cántabros e vascos, dúas compañías galegas amosarán as súas últimas producións nestes territorios: La Macana con “Pink Unicorns” e La Quintana Teatro con “Desde lo invisible”.

Amais, do 15 ao 17 de setembro no Centro cultural Vello Cárcere de Lugo, haberá un encontro profesional: “Habitación Peregrina PRO”. Unha actividade que busca crear un novo corredor cultural artellado por medio deste novo territorio compartido, pretendendo fomentar a interrelación e as sinerxias entre compañías deste sector. 

Alén, Camiño Escena Norte achega actividades paralelas co nome de “O Camiño Expandido”, que inclúe unha exposición titulada “Ultreia. Que foi Camiño Escena Norte 2019?” do 14 ao 30 de setembro na Biblioteca Pública Ánxel Casal, e tamén encontros online coas compañías participantes, para profesionais e abertos ao público.

Toda a información está dispoñible na páxina web deste proxecto: escenanorte.com

O Revenidas volta a Vilaxoán coa súa edición “En Conserva”.

Nesta edición o Revenidas combina concertos de pago con actividades e concertos de balde en distintos lugares da vila. De xeito controlado, con aforos reducidos e coas medidas hixiénico sanitarias pertinentes porque a organización do Revenidas, afirma, cre e traballa a prol dunha cultura segura.

Plataforma inaugura hoxe en Compostela unha decena de espazos para unha programación de artes.

Nestes días está a ter lugar a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma. Un proxecto, que baixo o fío da  performatividade, quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas; a música, a arquitectura e o deseño.

Dirixido pola cooperativa galega Performa, o Plataforma defínese como un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmateria de Compostela.

 

“Leopoldo, o pequeno monstro” é o novo conto infantil da escritora e ilustradora Estefanía Padullés

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión… E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?

Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.

Comeza hoxe a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma en Compostela

Hoxe comeza a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, que nace coa intención de tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño.

O colectivo RPM impulsa a cuarta edición das Residencias Paraíso

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar.

Deste xeito, a cuarta edición de Residencias Paraíso abre a súa convocatoria para acoller ata 7 proxectos en residencia cun importe total de 15.000 euros.

O MARCO de Vigo acolle a exposición “A historia dos videoxogos en 360º”

A Fundación Carlos Casares organiza as “II Xornadas Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal”, que excepcionalmente este ano acollerán “A historia dos videoxogos en 360º”, unha mostra realizada polo Museo do Videoxogo de Cangas para estas Xornadas.

A Asociación Cultural Contos Estraños Editora inicia unha campaña de microfinanciamento para a colección “A miña primeira novela de…”

A Asociación Cultural Contos Estraños Editora inicia unha unha campaña de microfinanciamento a colección “A miña primeira novela de…”
Creada en 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficcion en galego, con este proxecto pretende sacar á luz  As probas de mago, “A miña primeira novela de maxia” de Vanesa Santiago; A caída de Guiomar de Alba Rozas, ” A miña primeira novela de fantasía épica galega”; e de Tomás Rivera Pegadas de Búfalo, “A miña primeira novela do salvaxe oeste” e Visitantes de estrela vermella de Tomás G. “A miña primeira novela de ciencia ficción”

Estréase no FIC Via 14 de Verín o documental “Hijas de galicia, Macorinas”.

A quinta edición do Festival Internacional de Curtas de Verín acolle a proxección do documental histórico “Hijas de Galicia, Macorinas”, dirixido por Pello Santiago e Fran Naveira. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analoxías con situación que acontecen na actualidade en diferentes partes del mundo.

Obter información, datos e imaxes destas mulleres emigrantes galegas convertiuse nun labor moi complicado, debido principalmente ao escurantismo e as doses de vergoña que implica o concepto de prostitución. Porén, mediante os seus asesores e contactos, os directores lograron finalmente desenterrar o relato que buscaban durante os 7 anos que botaron visitando a illa de Cuba.

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas “Ámeto Mítico”

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas ‘Ámeto Mítico’ no camiño de Santiago,  unhas residencias itinerantes de escrita e peregrinación poética pola ruta xacobea en territorio galego co obxectivo de divulgar o Camiño de Santiago como espazo mítico sobre o que continuar a escribir poesía. 

Pin It on Pinterest