Destacados

Cultura Activa celebra o seu 20 aniversario

Cultura Activa retoma a axenda cultural, en territorios creativos alternativos, no seu 20 aniversario.

No Diario cultural falamos con Manuel Roxo, da peza ‘Pedras de cartón’, que estará no Festival de Almagro.

Imaxinas a historia do Lazarillo de Tormes, contada con máscara e sen palabras? Unha historia de sempre, pero cunha nova linguaxe.

Tamén conversamos con Vero Rilo, sobre a escenificación de ‘As lavadeiras’, unha reflexión sobre a vida dirixida a un público adulto, aínda que os máis pequenos tamén poderían asistir.

Tanxugueiras abre ‘Mira unha cousiña’, unha fiestra virtual de conversa

No Diario cultural falamos da película ‘A illa das mentiras’, dirixida por Paula Cons, que se estrea na plataforma Filmin o vindeiro 24 de xullo.

Tamén conversamos con Sabela, das Tanxugueiras. O grupo galego abre unha fiestra virtual, chamada ‘Mira unha cousiña’, para descubrir historias persoais sobre a pandemia. Un espazo para falar “de ti a ti” e estar preto da xente.

Xa podemos ver na Coruña a mostra ‘Sebastião Salgado: Génesis’

Na colaboración de Rosario Sarmiento falamos da mostra Sebastião Salgado. Génesis, nos Xardíns de Méndez Nuñez da Coruña.

Producida pola Fundación La Caixa dentro do seu programa Arte na rúa, esta mostra está composta por 38 fotografías de gran formato e forman parte do último proxecto realizado polo fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado. Entre os anos 2004 e 2012, Salgado estivo seguindo as pegadas de Darwin e realizou este ambicioso proxecto ao longo de todo o planeta para retratar a natureza en toda a súa grandeza e esplendor.
Realizou un total de 32 viaxes, con paradas na Antártida, Madagascar, Botsuana, o Parque Nacional de Kafue de Zambia, a meseta do Colorado nos Estados Unidos, Alaska, o arquipélago das Galápagos no Ecuador, Siberia e a selva do Amazonas, entre outros.
Con recoñecementos como o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 1998, Sebastião Salgado é, probablemente, un dos fotógrafos vivos máis famosos e recoñecido polo público xeral. Dentro do mundo da fotografia sociodocumental, Salgado desenvolveu un traballo fotográfico que se centrou arredor de cuestións como as migracións, o traballo e a relación do ser humano coa terra e a natureza.
As súas fotos sempre en branco e negro, ademais dunha gran espectacularidade teñen unha excelente composición e unha coidada técnica.
Esta exposición, comisariada por Lélia Wanick Salgado, é unha testemuña dunha larga coexistencia dos humanos coa natureza e unha oda visual a un mundo que debemos protexer.

O xornalista Ángel Suanzes presenta o seu primeiro poemario

O xornalista Ángel Suanzes presenta o seu primeiro poemario, de título E se a memoria está na boca, da editorial Urutau. Unha publicación que mestura os versos do autor coas fotografías de Clara Honorato e que chega neste mes de xullo ás librarías galegas. 

Ribeira celebra ‘Autocontos’, un proxecto para escoitar contos dende o coche

Cándido Pazó e Quico Cadaval protagonizan o formato ‘Autocontos’, unha iniciativa pioneira en Galicia. Imos a Ribeira, onde poderemos escoitar contos, dende o noso coche.
“A xente escoitará os contos dende o coche, será como escoitar a radio”, explica Cándido Pazó.
Tamén, neste Diario cultural, falamos con Paula Carballeira, finalista do Torneo de Dramaturxia do Teatro Español.

Comeza USCénica, un festival profesional de artes escénicas, con música, teatro e danza

A Universidade de Santiago ofrece do 1 ao 18 de xullo USCénica, un festival profesional de artes escénicas, con 12 xornadas de música, teatro e danza en Compostela.

O Salón Teatro abre as súas portas tras o confinamento

O Centro Dramático Galego volve abrir as portas ao público do Salón Teatro tras o confinamento e faino cunha coprodución coa Compañía Verdeveras Expresións Artísticas.

A galería de arte Trinta volve abrir cunha exposición do pintor Antón Lamazares

A galería de arte Trinta, en Compostela, acaba de retomar a súa actividade despois da parada pola pandemia. Fíxoo cunha exposición do pintor Antón Lamazares.

Conversa con Pilar García Negro arredor de Ricardo Carvalho Calero e a Xeración Nós

No Diario cultural, Ana Romaní conversa con Pilar García Negro arredor de Ricardo Carvalho Calero e a Xeración Nós.

Margarida Marinho presenta novo disco

Margarida Marinho presenta novo disco. Falamos con ela no Diario cultural.

Pin It on Pinterest