O libro imposible de Juan Tallón
Simone Saibene retrata ó escritor Juan Tallón no documental Escribir o imposible. O filme recolle o proceso creativo da novela ‘Rewind‘ e o impacto da chegada da pandemia.
Simone Saibene retrata ó escritor Juan Tallón no documental Escribir o imposible. O filme recolle o proceso creativo da novela ‘Rewind‘ e o impacto da chegada da pandemia.
50 anos da catedral dos libros de Compostela
“O 14 de marzo de 2012, ás 14:36, paseando da Gran Vía cara a Atocha, na rúa Marqués de Cubas 23, vexo un colector amarelo no que impactaba o sol en ángulo oblicuo, de dereita a esquerda: a miña luz preferida e a que uso en case toda a miña obra. Tomei unha fotograía e en días posteriores volvín ver o mesmo colector, con variacións na carga, ata que un día xa non estaba”.
Metémonos de cheo na cidade, porque así describe Manuel Quintana Martelo o momento no que un raio de sol sobre un colector lle deu a idea dun proxecto artístico ao que leva adicado case 10 anos. Containers, a exposición que agora podemos ver no MARCO de Vigo, lévanos, a través da arte, a observar un mundo urbano descoñecido.
Pancho Álvarez publica Cordas históricas, o seu sexto disco en solitario. Un percorrido cronolóxico polos diferentes instrumentos de corda con composicións propias, pezas tradicionais e cantigas medievais. Soan violas e violíns, arpas, zanfonas, guitarras ou cítolas
Irlanda é un país que de sempre espertou fascinación en Galicia. Fixámonos nas suas características máis superficiais, e asentimos ante o semellantes que son as nosas terras. Ten moito de mitoloxía e lenda, encabezada por Breogán, pero ten todo de historia e feitos. Ao seu estudo leva adicándose durante anos o catedrático en xeografía e historia Xavier Madriñán, que agora vén de publicar en edicións Laiovento o seu traballo ‘A figuración galega de Irlanda (1840-1936) De imaxe especular a modelo frustrado’.
María Alonso Alonso conversa con doce galegas que emigraron no século XXI en “Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres”, publicada pola editorial Galaxia.
A xeito de mapa, desde este mediodía reuniranse na Cidade da Cultura personalidades e expertos de todo o mundo en campos moi diversos da sociedade, pero interconectados, como a cultura, a ciencia, o medio ambiente ou a economía.
Carta de Santiago é iso, un mapa, que recolle simbólicamente as diferentes rutas xacobeas a Santiago, para crear unha nova: a ruta da Galicia futura, da sociedade futura que está agora a espertar nun mundo retorcido pola pandemia.
Organizado pola Fundación Paidea e a Xunta de Galicia, un grupo de expertos foron os co-creadores desta carta. Entre eles, a xefa do grupo de melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, Marisol Soengas; e o escritor e xornalista Nacho Carretero.