Destacados

Gustavo Almeida une a súa voz coa de Teo Cardalda

‘Entre o ceo e o esquecemento’, un corte que conta coa participación de Teo Cardalda, abre o disco-libro Vértice, cuarto álbum da traxectoria discográfica dun Gustavo Almeida que xa é un pontevedrés de Rio de Janeiro. No Diario Cultural falamos con el sobre o seu novo traballo, a súa traxectoria e moito máis.

Cancións para os meniños mortos de Auschwitz

O documental ‘Songs to the dead children in Auschwitz’ recorda a historia de Gisella Perl, xinecóloga xudía prisioneira no campo que axudou a abortar a centos de prisioneiras para evitarlles as torturas de Josef Mengele. Ese episodio ilústrase coas ‘Cancións para os meniños mortos’, compostas por Gustav Mahler a principios do século XX. O filme documental, obra do tamén compositor Eduardo Soutullo foi galardoado no Kursaal Film Festival, no Festival de Cine Social de Castilla La Mancha e no AMUA de Hondarribia. 

O Camiño Portugués: lembranzas de mar e pedra

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada. Trátase, por tanto, dun proxecto que nos brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do camiño accesible a todas e todos.

No Diario Cultural falamos coa comisaria da exposición, Lucía Laín.

Hoxe falláronse os Premios da Cultura Galega 2021

Anunciados os Premios da Cultura Galega 2021, no Diario Cultural quixemos conversar e parabenizar a tres das oito galardoadas: Esther Estévez, polo Dígocho Eu, en Lingua; Zaza Ceballos, produtora, no Audiovisual, e Pablo Jaime Díaz, director da Nova Galega de Danza, premiada en Artes Escénicas.

A ‘Intimidación’ do Colectivo Maiakovski

A ‘Intimidación’ do Colectivo Maiakovski

Sarabela Teatro estrea “Semente Nós”

Neste ano de celebración da Xeración Nós, Sarabela Teatro estrea unha nova produción que comezará xa a xirar polos teatros galegos: “Semente Nós“. No Diario Cultural quixemos saber todo desta nova obra e tivemos o pracer de falar coa directora de Sarabela, Ánxeles Cuña.

Adiantámonos á gala dos premios Martín Códax desta noite

Esta noite son os Premios Martin Códax. Na gala coñeceranse os galardoados deste ano, pero xa sabemos os tres premios honoríficos, cos que conversamos neste Diario Cultural: o produtor e técnico de son, compañeiro da Radio Galega, Pablo Barreiro, galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música 2021, e o festival Jazz de Ría e a sala Mardi Gras, premios extraordinarios Organistrum nesta oitava edición dos Martín Códax, polo que felicitamos, respectivamente, a Aitana Cuétara e a Tomi Legido.

Tanxugueiras nos mercados profesionais da música

O vindeiro venres 29 de outubro, as Tanxugueiras actúan no Womex de Porto. No Diario Cultural puidemos falar con Sabela Maneiro sobre o actual momento dunha das máis exitosas formacións da música galega.

Volve Rompente!

‘Rompente Grupo de Comunicación Poética’ regresa 40 anos despois cun novo espectáculo interdisciplinar no que a poesía se dará a man do audiovisual, a música e a posta en escena, unha xira na que o conxunto creado por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romón percorrerán un total de oito municipios galegos. Precisamente con eles tres puidemos falar no Diario Cultural.

Falamos con Xosé A. Neira Cruz, autor d’ “O enigma de Santiago”

“Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela”. Ese é o pretexto que dá pé a todo o que se desenvolve n’ “O enigma de Santiago“, a nova novela que publica a Editorial Galaxia. No Diario Cultural falamos co seu autor, Xosé A. Neira Cruz.

Pin It on Pinterest