Destacados

Inician os concertos do Cormorán Cinema

Visita o Diario Cultural Manuel Logar, director do Cormorán Cinema, que comeza a súa programación cinematográfica este mércores, pero que empeza xa hoxe con concertos coma o de Vera Fauna.

Ana Cabaleiro vén follear connosco ‘Deixádenos remar’

Finalista do Premio Xerais de Novela 2020, a novela de Ana Cabaleiro, ‘Deixádenos remar‘, editada por Xerais, presenta un humilde barrio periférico alterado e turbado pola incursión dunha nova aparición de chalés de luxo e a chegada dos novos veciños dese microcosmos. A escritora e xornalista visita o Diario Cultural para debullar as realidades que se derivan deste fío argumental e de todo o que rodea á novela.

Pedro Brandariz é Jacinto

Esta semana estréase en Sitges, no Festival de Cine Fantástico a nova película de Javi Camino, ‘Jacinto’, que el describe como “terror rural”.

Dúas mozas suecas afeccionadas ao black metal chegan a unha aldea da provincia de Lugo para mudar os seus hábitos de vida e poñer en marcha o seu proxecto musical. Na tranquila aldea vive a familia Becerra, cos seus costumes, os seus hábitos… Por que teñén que vir estas suecas facer ruido coas súas guitarras?

Jacinto, o protagonista, é o que podemos describir como un neno encerrado nun corpo dun home, que pasa os días vendo películas de vampiros nos seus vhs, facendo que conduce un vello 127 e paseando ao seu porquiño Martiño pola aldea. As amigas suecas escolleron mal sitio para vivir.

Así nos presenta a historia o seu director, Javi Camino, que di que escribiu ao seu protagonista cun actor na cabeza: Pedro Brandariz.

 

 

Un Galicreques internacional e presencial

 

O festival de bonecos Galicreques recupera o seu carácter internacional. Falamos desta vixésimo sexta edición co seu director, Jorge Rey, e coa compañía Caramuxo, que estrea espectáculo no festival compostelán.   
[Autoría da foto: Corsino]

 

As ‘Cigarreiras’ reviven nas táboas

Unha nova mirada a ‘La Tribuna’, de Emilia Pardo Bazán. Cándido Pazó adaptou o texto para levalo ás táboas, unha obra teatral que traslada esa realidade das traballadoras da Fábrica de Tabaco da Coruña. A peza, de Contraproducións, chega este domingo ao FIOT de Carballo

Casilda Alfaro, Xograresa de Outono

Casilda Alfaro, Xograresa de Outono

Un ballet para Hildegart

A Real Filharmonía de Galicia estrea ‘Hildegart‘, un ballet do compositor Juan Durán, con quen falamos, inspirado na vida de Hildegart Rodríguez, unha moza prodixio educada pola súa nai para chegar á perfección e finalmente asasinada pola súa proxenitora. 

Guerrilla en Pontevedra!

Guerrilla en Pontevedra!

“Novas diásporas”: a voz de Galicia na emigración

Entre hoxe e mañá celébrase no Consello da Cultura Galega a xornada “Novas diásporas”, coordinada por Antía Pérez Caramés, que pretende dar unha panorámica xeral do fenómeno dos novos movementos migratorios. Parece que Galicia está desde o século XIX destinada a ser país de emigrantes, a marchar na busca de máis e mellores oportunidades; pero o certo é que aqueles primeiros emigrantes pouco teñen que ver cos actuais.

A vaga actual da emigración comeza coa crise do ano 2008, cun aumento da mobilidade entre Galicia e o resto de Europa. Unha nova vaga con características diferenciadoras: xente formada, uso das redes sociais para manter contacto coa casa, e destinos europeos ben coñecidos xa pola emigración galega. Dicimos moito iso de que Galicia non se entendería sen a diáspora, pero para iso temos que escoitar máis e coñecer mellor a esa diáspora.

 

 

Volven os concertos á sala Mardi Gras

Vituco Neira visita a mítica sala coruñesa e fala co programador Tomi Legido e o músico Marcos Rodil, do grupo Tunduru, das consecuencias da pandemia para a música en directo. 

Pin It on Pinterest