Destacados

Domingo de Andrade, conmemorado no Día das Artes Galegas

A Real Academia Galega de Belas Artes determinou prorrogar no ano 2021 o Día das Artes Galegas dedicado ao grande arquitecto barroco Domingo de Andrade, ao que se lle dedicara o ano pasado. Andrade foi un dos creadores da historia galega con máis impacto e influencia nas artes do país. No Diario Cultural falamos co vicepresidente da RAGBA, Celestino García Braña.

‘Aura 1964’, o guión que espera ser película

“Ano 1964. Siro, un adolescente dunha aldea da alta montaña galega, ingresa nun internado relixioso, onde fai amizade con Cosme e Berto. O ambiente está dominado polo adoutrinamento, a mentira e a aldraxe da dignidade en nome de Deus e da patria fascista.”

Así é o argumento principal de ‘Aura 1964’, o libro-guión-película de Ignacio Vilar, recén publicado pola editorial Galaxia e que espera tamén ser proxectada nos cinemas. Galaxia estrea con esta obra a súa colección ‘Guión’, onde virán publicando máis proxectos cinematográficos galegos.

 

 

Diario Cultural Especial no Curtocircuíto

Edición especial, a cargo de Belén Regueira Vituco Neira, dende a 18ª edición do festival Curtocircuíto e emitido dende a rúa Nova de Santiago, ao pé do Teatro Principal, a sede principal das proxeccións de Curtocircuíto; de cinco a seis da tarde.

Acompañáronnos Brais Romero, un dos coordinadores de programación de Curtocircuíto e tamén unha das fundadoras do festival, Gael Herrera, produtora do documental ‘No somos nada’, sobre o grupo La Polla Records; conversamos con Eloy Domínguez SerénXacio Baño Antía Carreira, tres dos directores que presentan pezas na sección ‘Planeta GZ‘; con Enar de Dios, protagonista da sección Terra, e con Bandia Ribeira, fotógrafa que realiza unha residencia artística sobre a imaxe de Santiago durante o festival. Tamén contamos coa presenza do músico Alberto Cernadas, que actúa este mércores co seu proxecto CRNDS, e coa cantareira Fransy González, dentro da programación do festival.

Lodeiro, a xeometría inexacta

Coincidindo co XXV aniversario do pasamento de Xosé Telmo Lodeiro, ten lugar na Fundación Laxeiro a exposición “Lodeiro, a xeometría inexacta”, que se poderá visitar ata o 16 de xaneiro e da que falamos con Javier Pérez Buján, comisario da exposición.

Nova Galega de Danza opta a dous Premios Max

A montaxe ‘Leira‘ opta ós galardóns a mellor espectáculo de danza e mellor intérprete masculino de danza. Falamos con Jaime Pablo Díaz, director de ‘Leira’ e co bailarín Iván Villar, horas antes da entrega dos premios Max no Teatro Arriaga de Bilbao. 

Somerxémonos nos poemas de Lorena Conde n”As puntas da louza’

Lorena Conde fai, neste Cancioneiro popular de labor, unha homenaxe ás mans dos traballadores publicada por Aira Editorial e que veu follear connosco a súa propia autora.

Ollar.gal, unha escolma de fotografía galega contemporánea

Eva Díez, Miguel Vidal, Raquel Calviño, Javier Teniente e Manuel Sendón lévannos con eles de viaxe polo seu proceso creativo nunha serie audiovisual que pon estes fotógrafos e as súas fotografías no centro.

Iso é Ollar.gal: Escolma da Fotografía Galega Contemporánea, un proxecto dirixido por David Hernández, con guión de Jorge Lens e montaxe de Alex Penabade.

Ollar.gal é unha escolma de fotógrafos galegos actuais, feita por David Hernández, Alex Penabade e Jorge Lens. Pretenden achegar ao publico galego, non só a obra dos fotógrafos, senón tamén a súa forma de traballar, o seu proceso creativo, a súa ollada… e fano a través da curta documental. Por agora levan 5 fotógrafos, pero esperan ir ampliando a selección.

Volve a música a Portamérica

Vituco Neira visita a primeira xornada de música en Portamérica e conversa con Novedades Carminha, que xa preparan o seu próximo disco, e mais con Carlos Rodríguez, da organización do festival. 

Historias de cadernos de viaxes

Entrevista a Gabriel Campanario, que en 2008 tivo a idea de crear UrbanSketchers, unha comunidade, en principio de amigos, cos que compartir nunha plataforma web os debuxos das súas viaxes. A esta aventura deseguida se sumaron máis e máis persoas, e hoxe forman parte dela centos de miles de afeccionados de todos os puntos do planeta. Campanario virá dende Seattle para a súa experiencia e debuxar canda os participantes deste evento. 

‘Pingas rompentes’ no Mar de Galicia

‘Pingas rompentes’ no Mar de Galicia

Pin It on Pinterest