Diario Cultural

‘Pánico no museo’, o diario pictórico de María Meijide na Fundación Granell

Os espazos cotiáns, as amizades, a familia e o propio museo protagonizan a mostra de Meijide, resultado da sexta edición da iniciativa ‘Artista en residencia’. ‘Pánico no museo’ pode visitarse na Fundación Granell ata o 29 de xaneiro.

Esther Carrodeguas estrea ‘O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada’

A escritora e directora galega estrea en Madrid unha peza de auto(non)ficción sobre a relación co corpo, a gordofobia e a ditadura da imaxe.

Xavier Villaverde estrea na Seminci un documental sobre María Casares

‘A muller que viviu mil vidas’ é un longametraxe documental que se achega á vida da intérprete coruñesa que tivo que marchar ao exilio en 1936 e acabou por converterse na gran actriz do teatro francés. Xavier Villaverde realiza unha colaxe audiovisual baseada no libro de memorias de Casares, Residente privilexiada ao que incorpora material de arquivo, obras de artistas plásticos e experimentos visuais. Interveñen no filme María Lopo, Manuel Rivas, Emilio Grandío ou Mabel Rivera.

Marilar Aleixandre gaña o premio Nacional de Narrativa por ‘As malas mulleres’

A novela trenza as voces das mulleres presas no cárcere da Galera da Coruña no século XIX coas de Concepción Arenal e Juana de Vega, pioneiras na loita pola dignificación das súas condicións de vida. O xurado do premio Nacional, que concede o Ministerio de Cultura, destaca estrutura híbrida da novela e o seu coro de voces femininas de diferentes clases sociais.

A danza busca público

Coñecemos o taller de público de TCR Danza, unha das actividades da programación expandido deste ciclo do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Conversamos con Caterina Varela, coordinadora da programación expandida de TRC Danza e con Pilar Pato, unha das asistentes ao taller, que ten a súa próxima cita este mércores, para prepararse para a peza ‘A muerte’, que Hermanas Gestring levan ao Rosalía este sábado. 

Pin It on Pinterest