Diario Cultural

Cidades deseñadas para as persoas

Pontevedra acolle o décimo Encontro Nacional de Deseño, titulado ‘Cidades imaxinadas, cidades deseñadas’, no que se imaxinan espazos urbanos máis accesibles e inclusivas. Profesionais do deseño, a arquitectura ou a moda participan no evento, que tamén propón actividades abertas á cidadadanía. Conversamos con dous deseñadores galegos que presiden as entidades convocantes, Uqui Permui, de READ,e Xosé García, de DAG. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Esta mañá visitamos o Museo do Pobo Galego, onde onte se inaugurou unha exposición fotográfica sobre o patrimonio marítimo industrial. Está inspirada na lenda da Translatio do Apóstolo. Logo conectaremos con Afonso Becerra, que nos vai presentar unha compañía teatral de recente creación, Mevadeus.

“Curtas Festival do imaxinario” celebra 50 anos

Comeza unha nova edición do festival de cinema fantástico de Vilagarcía. “Curtas Festival do imaxinario” celebra 50 anos con “Regreso ao futuro” e as viaxes no tempo como fío condutor.

Chega aos cines ‘Unicorn Wars’

 

Este venres chega aos cines ‘Unicorn Wars’, a segunda longametraxe do coruñés Alberto Vázquez. Un filme de animación para adultos que propón unha fábula antibelicista na que osiños e unicornios se enfrontan nunha guerra tan cruel como as do seres humanos. Conversamos con Alberto Vázquez e mais con Chelo Loureiro, de Abano Producións, unha das produtoras da película, que se pode ver desde este venres en cines de Vigo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vilagarcía. 

 

A presenza galega na Feira do libro de Frankfurt

España é o país convidado na Feira do libro de Frankfurt e as letras galegas tamén están presentes neste grande encontro internacional do sector editorial.  Desprazáronse a Frankfurt doce asociadas da Asociación Galega de Editoras, que participa con espazo propio dentro do stand da Federación de Gremios de Editores de España. Conversamos con Henrique Alvarellos, presidente da AGE, e co escritor Xesús Fraga, un dos autores galegos que participa na feira. 

O Consello da Cultura Galega presenta Galicia, unha literatura por descubrir

A iniciativa que coincide co inicio da Feira do Libro de Frankfurt está orientada un público internacional

Pin It on Pinterest