Diario Cultural

A Galicia deseñada: así vemos o noso país

Estamos rodeados de marcas, simbolos, logos… O deseño está en todas partes e estrutura dalgún xeito o mundo que nos entra polos ollos. En Galicia temos moitos e moi bos exemplos de deseños que son xa parte do noso patrimonio cultural. Hoxe imos mirar, nada máis e nada menos, que a 100 deles.

Para iso imos ata o espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, que acolle desde hoxe a exposición ‘A Galicia deseñada’, que nos propón unha viaxe pola historia do deseño galego. Un dos comisarios é o profesor de Belas Artes Marcos Dopico, e os outros dous son Cibrán Rico e Suso Vázquez, fundadores do estudio de deseño desescribir, cos que hoxe falamos no Diario Cultural.

O FITO amplía espazos, voces e estratexias

Comeza o XV Festival Internacional de Teatro de Ourense

O que é ‘Enser’

‘Enser. O que son as cousas’, de Marcos Lorenzo, é un dos títulos que estrea a colección ‘Heterodoxos’, da editorial Galaxia. Un libro de aforismos, notas, diagramas e versos nacidos coa crise económica nos que o autor vai á procura de verdades sinxelas ás que aferrarse no barullo de mensaxes do noso tempo. 

Querido Diario: vivimos moitas aventuras este verán en Ribadeo

Querido Diario: vivimos moitas aventuras este verán en Ribadeo. Podería ser unha páxina calquera do diario de Lois, protagonista de ‘A gruta da torre’, que vai pasar as vacacións a Ribadeo para reunirse coa súa cuadrilla. Caras vellas, caras novas e unha tarefa pendente do curso, escribir un diario. Entre escribir e ler, o mundo real e o fantástico mestúranse no día a día de Lois, que vai vivir a aventura da súa vida.

Pasadizos secretos, a foca Cuquita e faros que se apagan na noite, unha novela que asina Lois Pérez e que resultou gañadora do V Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.

 

Preséntase NOGA

A nova asociación reúne a profesionais da narración oral galega

‘Paxaros’, un poema-canción desde Montevideo

A escritora arxentina Natacha Ortega e a ilustradora uruguaia Lucía Franco son as autoras de Paxaros, un álbum publicado pola editorial Kalandraka que convida a rapazada a reconquistar o espazo urbano a través da poesía e da música. Paxaros obtivo unha mención no premio Compostela de álbum ilustrado ten versión en galego de Xosé Ballesteros. 

Pin It on Pinterest